Mina olin siin é un filme estoniano de 2008 dirixido por René Vilbre e escrito por Ilmar Raag. Baséase na novela Mina olin siin. Esimene arest escrita por Sass Henno. Conta a historia dun rapaz de dezasete anos que se converte nun traficante de drogas, o cal provoca que se meta en problemas que non pode controlar. O filme estreouse o 8 de xullo de 2008 no Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary, e en Estonia estreouse o 12 de setembro de 2008, converténdose no quinto filme estoniano máis exitoso dende comezos da década de 1990.
O filme foi coproducido por Amrion Productions en Estonia, e Helsinki Filmi OY en Finlandia. Foi escollido como candidato de Estonia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 81ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Rasmus Kaljujärv como Rass Hele Kõre como Renita Margus Prangel como Mõssa Märt Avandi como Aivo Marilyn Jurman como Säde Johannes Naan como Janar Tambet Tuisk como Olari Doris Tislar como Hanna Nikolai Bentsler como Talis Rafael Jenokjan como Ruslan Jaan Rekkor como Karm tüüp Sten Zupping como Turske tüüp Anne Reemann como mestra Marta Laan como Rass' deskmate
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Estonia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 81ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua estoniana Categoría:Filmes de Estonia Categoría:Filmes sobre drogas