miniatura|260px|Acropora latistella, un coral duro.
A dos hexacoraliarios,hexacoraliarios no Dicionario da RAG. Hexacorallia, tamén coñecidos como zoantarios (Zoantharia), e unha subclase de cnidarios antozoos,Hexacorallia Haeckel, 1896 no WoRMS. unha das tres en que se divide esta clase.Anthozoa no WoRMS.
Taxonomía Descrición A subclase foi descrita en 1896 polo biólogo e filósofo alemán Ernst Haeckel.
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a subclase coñeceuse tamén polo sinónimo: Zoantharia Blainville, 1830
Etimoloxías O nome científico Hexacorallia está formado polos elementos hexa- e ´-corallia. O primeiro é un prefixo tirado do grego antigo ἕξα-, derivado de ἕξ héx, "seis", e o segundo o nominativo plural do latín corallium, -ii, "coral", aludindo á simetría destes corais.
En canto o seu sinónimo, Zoantharia, é un termo do latín científico formado pola raíz Zoanth- do nome do xénero Zoanthus, coa adición do sufixo -aria indicando plural.Zoantharia no Merriam-Webster Dictionary.
Ordes A sublclase subdivídese nas seguintes ordes: Actiniaria Antipatharia Corallimorpharia Scleractinia (= Madreporaria) Zoantharia
Filoxenia Un artigo xenético de 2014 estableceu a filoxenia dos Hexacorallia, que dá como o grupo basal dos antozoos aos Ceriantharia, seguidos de Actiniaria, logo un grupo que contén aos Scleractinia e Corallimorpharia e, finalmente, o grupo dos Antipatharia e, como o grupo máis recente o dos Zoantharia..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Daly, M. et. al. (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa'' 1668: 127-182.
Outros artigos Antozoos
Ligazóns externas Zoanthus na ADW. Fluorescent Zoanthids. Zoanthus na EOL.
Categoría:Antozoos