KT 2 ou Kaituozhe 2 é o nome dun modelo de foguete espacial de propelente sólido da China que comezou as súas operacións en activo en 2017. Foi mostrado por primeira vez en 2002 e diferénciase do KT 1 no uso dunha primeira etapa de maior diámetro, sendo a segunda e terceira etapas as dúas primeiras etapas do KT 1. É capaz de poñer ata 800 kg en órbita.
Historial de lanzamentos
Voo Data Carga Resultado Notas12 de marzo de 2017Tiankun 1ÉxitoPrimeiro voo dun KT 2.
Notas
Véxase tamén Outros artigos KT 1
Categoría:Foguetes espaciais