miniatura|Anatomía dunha medusa (hidrozoo): 1 Ectoderma; 2 Mesoglea; 3 Endoderma; 4 Cavidade gastrovascular; 5 Canal radial; 6 Canal circular; 7 Tentáculo; 8 Velum; 9 Anel nervioso externo; 10 Anel nervioso interno; 11 Gónadas; 12 Manubrio; 13 Boca; 14 Zona aboral; 15 Zona oral.
En zooloxía coñécese como mesoglea á porción non celular do mesénquima das medusas, máis ou menos grosa, constituída por unha matriz coloidal xelatinosa que funciona como un hidroesqueleto estático. Nas esponxas unha estrutura similar denomínase mesohilo.mesoglea, en Garrido, Carlos (1977): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.
Descrición A mesoglea está fundamentalmente constituída por auga. Ademais contén varias substancias que inclúen proteínas fibrosas como o coláxeno, proteoglicanos e fibronectina.
A mesoglea é maioritariamente acelular, pero tanto en cnidarios como en ctenóforos, a mesoglea contén feixes de músculos ye fibras de nervios. Outras células nerviosas e musculares descansan xusto baixo as capas epiteliais. A mesoglea tamén contén amebocitos que xogan unha función na fagocitose de residuos e bacterias. Estas células tamén loitan contra as infeccións ao produciren substancias químicas antibacterianas.
A mesoglea pode ser máis delgada que calquera das capas celulares nos celentéreos máis pequenos, como as hidras, o pode conformar o volume do corpo nas medusas máis grandes.
A mesoglea serve como un esqueleto interno, apoiando o corpo. As súas propiedades elásticas axudan a restaurar a forma despois da súa deformación a causa da contracción de músculos.
Porén, sen a flotabilidade da auga para apoiala, a mesoglea non é o bastante ríxida para aguantar o peso do corpo, e os celentéreos xeralmente tenden a aplanarse, ou incluso colapsar cando son sacados fóra da auga.
Usos do concepto Para diferenciarmos o uso do concepto de mesénquima en embrioloxía de vertebrados (isto é, o tecido indiferenciado encontrado na entomesoderma embrionaria do cal se derivan todos os tecidos conectivos, os vasos sanguíneos, as células sanguíneas, o sistema linfático e o corazón) e o uso en zooloxía de invertebrados (un tecido máis ou menos sólido pero pobremente organizado constando dun xel matriz [a mesoglea, en sentido propio] con varias inclusións celulares e fibrosas, localizados entre a epiderme e a gastroderme, algúns autores prefiren utilizar o concepto mesoglea (en sentido máis amplo) en vez de mesénquima ao referirse ás capas medias de esponxas e diploblastos, reservando o termo mesénquima para o sentido embriolóxico. Aínda así, Brusca e Brusca desaconsellan este uso, utilizando mesoglea no seu sentido estrito, e preferindo manter as acepcións embriolóxica e zoolóxica para o termo mesénquima.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
Categoría:Termos zoolóxicos