Timothy Lennart "Tim" Kopra, nado en Austin, Texas, o 9 de abril de 1963, é un astronauta estadounidense que formou partes da misións STS-128, STS-127 e Soiuz TMA-19M e foi membro das expedicións 20, 46 e 47 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Kopra graduouse en ciencias pola Academia Militar de West Point, en Nova York, en 1985. É máster en enxeñería aeroespacial polo Instituto Tecnolóxico de Georgia en 1995 e máster en estudos estratéxicos pola Facultade de Guerra da Armada dos Estados Unidos en 2006. Tamén é máster en administración de empresas pola Universidade de Columbia e a Escola de Negocios de Londres en 2013.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xullo de 2000, participando nas misións STS-128, STS-127 e Soiuz TMA-19M e sendo membro das expedicións Expedición 20, Expedición 46 e Expedición 47 á Estación Espacial Internacional e pasando un total de 244,04 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-128 STS-127 Soiuz TMA-19M Expedición 20 Expedición 46 Expedición 47 Estación Espacial Internacional

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Texas