Kamala Devi Harris,Harris, nun primeiro momento, foi chamada Kamala Iyer Harris polos seus pais. Ao cabo de dúas semanas presentaron unha declaración xurada pola que cambiaron o seu segundo nome por Devi. nada en Oakland, California, o 20 de outubro de 1964, é unha avogada e política norteamericana, que se converteu na 49ª vicepresidenta dos Estados Unidos, exercendo dende o 20 de xaneiro de 2021, baixo a presidencia do demócrata Joe Biden. Como tal, foi a primeira muller que chegou á vicepresidencia dos Estados Unidos o que a converte, tamén, na funcionaria de maior rango na historia dos Estados Unidos. Tamén foi a primeira muller afroamericana en ser elixida fiscal de distrito na historia de California, a primeira muller en ser fiscal xeral de California, a primeira senadora asiático-americana e a primeira vicepresidenta asiático-americana e afroamericana
Nas eleccións presidencias de 2024, presentouse como candidata contra a candidatura polo Partido Republicano do expresidente Donald Trump.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Filla da investigadora contra o cancro Shyamala Gopalan, unha támil da India que se establecera nos Estados Unidos en 1960 para doutorarse en endocrinoloxía na UC Berkeley e do economista Donald J. Harris, profesor en Stanford que emigrara en 1961 de Xamaica. Kamala medrou en Berkeley coa súa irmá máis nova, Maya Harris, quen tamén se adicou á política e á defensa dos dereitos sociais, nunha zona coñecida como "the flatlands" cunha proporción significativa de afroamericanos e ao principiar preescolar, seguindo a política pioneira que se efectuaba en Berkeley para asegurar o equilibrio racial nos diferentes centros de ensino, ía en autobús á escola nunha veciñanza próspera no norte da localidade que só dous anos antes tiña un 95% de estudantes brancos e, por contraste, en 1969 tiña un 40% de afroamericanos.
Durante a súa infancia tanto acudía á igrexa baptista como ao templo hinduísta e visitaba periodicamente á súa familia materna en Madrás e como resultado adquiriu un certo coñecemento pasivo do támil. Ao se divorciaren seus pais cando tiña sete anos quedou a vivir coa súa nai e realizaba visitas nas fins de semana ao seu pai que vivía en Palo Alto; desa época a propia Kamala comentou que os veciños non deixaban os seus fillos xogar con ela por ser negra.
Cando Kamala tiña doce anos, a súa nai aceptou un traballo de investigadora en Montreal, no Hospital Xeral Xudeu e como profesora na Universidade McGill. Harris rematou primaria nunha escola francófona e logo realizou a secundaria nun instituto anglófono de Westmount. en Quebec, no que se graduou en 1981.
En 1986 gradouse en económicas e ciencias políticas na Universidade Howard de Washington DC, unha universidade onde tradicionalmente predominaba o estudantado afroamericano, para despois seguir estudos na escola de dereito Hastings da Universidade de California en San Francisco na que se graduou como doutora en xurisprudencia en 1989 e, en xuño de 1990, admitírona no colexio de avogados (State Bar) de California.
Primeiros anos de carreira profesional (1990-1998) En 1990 contratárona como asistenta do fiscal do distrito do condado de Alameda en California onde foi descrita como "unha fiscal capaz en en ascenso", aínda que en 1994 solicitou unha licenza para integrar o California Unemployment Insurance Appeals BoardByrne, Peter, "Kamala's Karma: She's smart, she's experienced, and she's running for DA. But she's Willie Brown's ex-girlfriend, and her opponents are trying to crucify her for that ," S.F. Weekly, 24 de setembro de 2003. e tras seis meses, foi de novo designada para formar parte da California Medical Assistance Commission, por nomeamento do presidente da Asemblea de California, Willie Brown, con quen mantiña unha relación.
En febreiro de 1998, o fiscal do distrito de San Francisco, Terence Hallinan, nomeouna xefa da división de delincuencia habitual ao cargo doutros cinco asistentes da fiscalía. No ano 2000, opúxose publicamente á Proposición 21 que se ía votar en referendo en California e que lles outorgaba ós fiscais a posibilidade de xulgaren menores a partir dos 14 anos en tribunais superiores no canto de en tribunais de menores o que levou a confrontacións con outros membros da fiscalía e á renuncia ao seu posto para comezar en agosto de 2000 a traballar para a avogacía da cidade de San Francisco como encargada da división de veciñanza e servizos comunitarios .
Fiscal de distrito en San Francisco miniatura|esquerda|Kamala Harris en marzo de 2004 En 2003 presentouse ás eleccións á fiscalía do distrito de San Francisco contra o incumbente Hallinan, que procuraba a reelección co trasfondo do escándalo coñecido como Fajitagate, relacionado con alegacións de obstrución á xustiza nunha investigación sobre un asalto por parte da xefa de policía da cidade de San Francisco que levou á súa renuncia pero Hallinan non foi capaz de probar evidencias de conspiración e tivo que retirar os cargos un mes máis tarde. Harris e Hallinan estaban próximos ideoloxicamente, os dous eran afiliados ao Partido Demócrata, e a campaña centrouse na competencia de Hallinan como fiscal e mais en cuestións de carácter persoal. Harris acusouno de lograr baixos índices de condena nos procesos criminais, un 52% fronte á media estatal do 83%e Hallinan criticou o que consideraba falta de ética de Harris pola súa proximidade con Brown. Hallinan recibiu máis votos na primeira volta pero na segunda venceu Kamala por 56,5% a 43,5%e xurou como fiscal de distrito o 4 de xaneiro de 2004, a primeira afroamericana na historia de California.
Durante a campaña anunciara que non ía buscar en caso ningún a pena de morte e só ía solicitar a aplicación da lei denominada three-strikes, que leva aparellada a cadena perpetua por cometer un terceiro delito grave, só nos casos de crimes violentos e así, cando en abril de 2004 mataron un axente da Policía de San Francisco, Isaac Espinoza, en acto de servizo, Kamala ratificou a súa postura de non solicitar a pena de morte o que lle desagradou á policía da cidade. Durante o funeral do policía, na Catedral de Santa María, a senadora e exalcaldesa de San Francisco, Dianne Feinstein, dende o púlpito exhortou a Harris, sentada na primeira fila, a que asegurara a pena de morte, o que provocou unha ovación de pé duns 2.000 policías uniformados presentes. Porén, Harris mantivo a súa posición en contra e o asasino do Oficial Espinoza foi declarado culpable e condenado a cadea perpetua. As relacións co Departamento de Policía deterioráronse aínda máis, ao ano seguinte, ao trasladar ao antigo subfiscal Paul Cummins, con boas relacións co departamento de policía, dunha unidade criminal formada por oitenta fiscais á unidade máis pequena de delincuentes habituais.
Como fiscal, Harris iniciou un programa pioneiro para o que recrutou á activista dos dereitos humanos Lateefah Simona para dirixir unha división de reinserción que puxo en marcha o programa Back on Track dirixido a delincuentes de entre 18 e 30 anos, e en especial a traficantes de droga polo miúdo, que cometeran un primeiro delito sen violencia, sen envolvemento de armas e sempre e cando non pertencesen a bandas e que a cambio da súa declaración de culpabilidade lograban un aprazamento da súa entrada en prisión coa condición de acudir regularmente diante o xuíz por un período de 12 a 18 meses, facer horas para a comunidade, facer tests de drogas, obter un diploma de ensino secundario ou equivalente ou manter un emprego estable. Ao completalo borrábanse os rexistros policiais dos integrantes do programa. Acolléronse ao programa, ao longo de seis anos, máis de 200 convictos, cunha taxa de reincidencia moi baixa, menos do 10% fronte ao 53% de traficantes de drogas que en California volvían a prisión aos dous anos de saír. O programa logrou o recoñecemento do departamento de xustiza dos Estados Unidos como modelo e, en 2009, o gobernador de California, Arnold Schwarzenegger promulgou a "Lei de Reinserción Back On Track", unha lei estatal que promovía que outros condados levasen a cabo programas cun modelo semellante á iniciativa de Harris e a Asociación Nacional de fiscais de distritos adoptouno como modelo que seguiron as fiscalías de distrito de Baltimore, Filadelfia e Atlanta para os seus propios programas. O programa provocara unha certa polémica porque, inicialmente, incluía inmigrantes ilegais, entre os que un deles, Alexander Izaguirre, foi arrestado posteriormente por asalto. Máis tarde, recoñeceu que permitir a persoas non elixibles para traballar nos Estados Unidos fora un erro, e modificou o programa para prohibir acoller a quen non puidese traballar legalmente nos Estados Unidos. Presentouse á reelección en 2007 sen candidatura ningunha en contra.
En 2009 publicou o libro Smart on Crime: A Career Prosecutor's Plan to Make Us Safer no que aborda a xustiza criminal dende unha perspectiva económica, discute unha serie de "mitos" arredor do sistema de xustiza criminal norteamericano e presenta propostas para reducir e previr o crime . Tras chegar á fiscalía creou unha unidade especializada nos crimes de odio, centrada na discriminación contra os nenos e adolescentes LGBT nas escolas. Por mor da conmoción que causou en 2006 o asasinato dunha rapaza transxénero de 16 anos e o uso polos seus asasinos da defensa de pánico gai para evitaren unha condena de asasinato en segundo grao, Harris convocou canda a nai da asasinada unha conferencia á que acudiron 200 fiscais e oficiais de policía de todos os Estados Unidos para discutir estratexias que puidesen confrontar ese tipo de defensas legais. Harris tamén declarou o seu apoio ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo e opúxose ás proposicións 22 (2000) e 8 de California (2008), que pretendían impedilo. Foi membro do consello da Asociación de Fiscais de Distrito de California e vicepresidenta da Asociación Nacional de Fiscais de Distrito.
Crimes violentos, encarceramentos e absentismo escolar miniatura|Harris pronunciando un discurso durante o seu mandato como fiscal do distrito de San Francisco Durante o seu mandato, a taxa xeral de condena por crimes aumentou dun 52% en 2003 ao 67% en 2006, a maior nunha década; a taxa chegou ao 85% en casos de homicidio e as condenas a traficantes de drogas pasaron dun 56% en 2003 ao 74% en 2006, ademais, Harris tamén pechou moitos casos por medio de delacións . Ao asumir o cargo, procurou a resolución dos asasinatos sen resolver da anterior administración, e dos 73 homicidios nesa situación, un total de 32 acabaron en acordos por delitos menos graves, como homicidio neglixente, ou outros crimes, como agresión ou roubo e a retirada das acusacións por homicidio. Así e todo, os índices de encarceramento de San Francisco estaban entre os máis baixos de California, aproximadamente o 4% das detencións acababan en prisión en San Francisco, en comparación co 12,8% do condado de Alameda, 14,4% no condado de Sacramento, 21% nos condados de San Mateo e Santa Clara, 26,6% no condado de Fresno, 38,7% no condado dos Ánxeles e o 41% no de San Diego porén, segundo a policía, as sentenzas benévolas dos xuíces de San Francisco tamén contribuían a ese índice tan baixo.