Gervasio González Rodríguez, nado na Fraga (Soutordei, Ribas de Sil) en 1883 e finado en Fornelas (A Pobra do Brollón) o 7 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba e despois a Nova York. Cos aforros regresou a Ribas de Sil e construíu unha casa en Pumares. Veciño de San Clodio, estaba vinculado á UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e encarcerado no Depósito de Quiroga o 4 de setembro. O día 6 un grupo de falanxistas sacouno do Depósito e asasinouno ao día seguinte no quilómetro 50 da estrada de Nadela a Campos de Vila en Fornelas. Foi soterrado no cemiterio de Fornelas con Ildefonso Fernández. En agosto de 2008 a ARMH iniciou a busca dos seus restos no cemiterio de Fornelas, mais non puideron ser localizados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Gervasio González Rodríguez, na web Represión franquista en Lugo
Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribas de Sil Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos