José García Iglesias, nado en Ribadeo en 1889 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 1935, foi un político e xornalista galego.
Traxectoria
Tiña representacións de viños de Xerez e sidras de Asturias. Foi fundador da Agrupación Socialista de Ribadeo. Dirixiu o periódico Tribuna Popular. Foi denunciado por José García Reinante, párroco de Vilaselán, polo artigo "Moralidad católica" asinado por O Torto da Portela, aparecido en Tribuna Popular o 2 de xullo de 1914.La Idea Moderna, 9-2-1916, p. 2.La Voz de la Verdad, 9-2-1916, p. 1. Foi condenado a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro, 125 pesetas de multa e as costas o 20 de febreiro de 1916.El Correo de Galicia, 21-2-1916, p. 1.
Instalouse na Coruña, onde continuou cos seus negocios e montou unha pequena fábrica de lixivia. Foi secretario da Agrupación Socialista da Coruña en 1931, á que representou no Congreso Extraordinario do PSOE dese ano. En setembro de 1932 foi elixido presidente do Comité Executivo da Agrupación Socialista da Coruña.La Voz de Galicia, 10-9-1932, p. 4. Foi director de Acción Socialista en 1933. Foi denunciado por inxurias á autoridade en outubro de 1933.La Voz de Galicia, 29-10-1933, p. 5. Pertenceu á La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento da que foi vogal. Finou na Coruña por osteosarcoma frontal con 46 anos.La Voz de Galicia, 24-2-1935, p. 4, 5.
Vida persoal
Casou con Concepción García Álvarez e foi pai de Pepín, Bebel, Jaurés, France, Voltaire, Concepción, Bélgica e Berthelot García García.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos