A Igrexa é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE, en 2019 tiña 53 habitantes (19 homes e 34 mulleres). Na práctica, O Pedrouzo e A Igrexa atópanse un xunto ao outro, sen solución de continuidade.

Toponimia A orixe do topónimo é o latín , o lugar da igrexa.

Patrimonio Nesta poboación atópase a igrexa parroquial de Santaia de Arca, construída no século XIX en estilo neoclásico e cunha soa torre-campanario. Conta cunha planta de cruz latina e unha soa nave. Ten a particularidade de que, no interior, a ábsida ten forma de vieira. Na parte exterior conta cun diminuto e rústico reloxo de sol na parede sur do templo, a uns catro metros de altura.

Apenas a 125 m. ao nordés atópase o Cruceiro de Arca, orixinalmente do século XVII, pero con engadidos e arranxos que chegan ao século XX. O podio ou base é cadrado sobre o que hai un pedestal máis pequeno da mesma forma. Álzase sobre esta estrutura un fuste octogonal. A cruz é lisa, sen figuras, cos extremos lixeiramente potenzados e sobre unha variación de capitel toscano que ten un ábaco moldurado que se apoia sobre un equino e un colariño prismáticos e non cilíndricos.

Entre o retorcido casarío da Igrexa existen outros elementos etnográficos de relevancia. Así conta con varios exemplos de hórreos de tipo O Pino e cun pozo cuberto máis un bebedoiro na parte sur.

O cemiterio municipal encóntrase a uns 400 m ao sur da igrexa. Nas súas proximidades atopábase a chamada Casa de Brey, a da avoa e o resto da familia materna de Luís Seoane, que adoitaba visita o pintor e escritor galego. Desde esta casa víase a mina de Touro.

Por fin, dentro do patrimonio natural, cómpre referirse á carballeira e a área recreativa da Igrexa, que se atopa a poucos metros do Cruceiro de Arca.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Arca

Parroquias do Pino

Notas

Categoría:Lugares do Pino Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía