miniatura|260px|Portada de Collection des Orchidées les plus remarquables de l'archipel Indien et du Japon, de Blume Carl Ludwig Blume (en neerlandés Karel Lodewijk Blume), nado en Braunschweig (Alemaña) o 9 de xuño de 1796 e finado en Leiden (Países Baixos) o 3 de febreiro de 1862, foi un naturalista e botánico alemán-neerlandés.
Traxectoria Estudou na Universidade de Leiden (na que tamén foi profesor) e pasou a súa vida profesional traballando nas Indias Orientais Neerlandesas, especialmente na illa de Xava, e nos Países Baixos, onde foi o director do Rijksherbarium (Herbario do Estado) en Leiden. Levou a cabo uns extenso estudos da flora do sur de Asia, particularmente da illa de Xava. Ademais de botánico, tamén foi entomólogo.Eckhard K. Groll: "Blume, Karl Ludwig" en Biographies of the Entomologists of the World.
O seu nome preséntase ás veces en neerlandés, como Karel Lodewijk Blume, pero a forma alemá é a máis amplamente utilizada nos textos botánicos.
Desde 1823 a 1826 Blume foi o subdirector de agricultura no xardín botánico de Bogor (en neerlandés Buitenzorg) en Xava.
En 1818 foi elixido membro da Academia alemá das Ciencias Naturais Leopoldina.Carl Ludwig von Blume na páxina web da Leopoldina. En 1827 foi elixido membro correspondente do Real Academia da Artes e das Ciencias dos Países Baixos. E en 1855, elixido membro estranxeiro da Real Academia Sueca de Ciencias.
Blume planeou, xunto con Philipp Franz von Siebold, a fundación da "Koninklijke Nederlandsche Maatschappij tot aanmoediging van den Tuinbouw" (Real Sociedade Neerlandesa para o Avance da Horticultura), que comezou os seus traballos en 1842.IPNI: "Koninklijke Nederlandsche Maatschappij tot aanmoediging van den Tuinbouw".
Carl Ludwig Blume mantivo correspondencia durante un tempo con Charles Darwin.
Estudou e describiu numerosos xéneros de orquídeas.
Obra "Catalogus van eenige der merkwaardigste zoo in- als uitheemse gewassen, te vinden in 's Lands Plantentuin te Buitenzorg" opgemaakt door C. L. Blume, M.D., Directeur van voorz. tuin. s.l. n.d. (Catálogo dalgunhas plantas nativas e exóticas en Buitenzorg) Batavia 1823 Tabellen en Platen voor de Javaansche Orchideen. 1825 [http://www.botanicus.org/title/b11963621 Bijdragen tot de flora van Nederlandsch Indië...] (Contribucións á flora das Indias Neerlandesas) 1825-1827 Enumeratio plantarum Javae et insularum adjacentium 1827-1828 Flora Javae nec non insularum adjacentium... (con J. B. Fischer) 1828-1858 "Rumphia, Sive Commentationes Botanicae imprimis de Plantis Indiae Orientalist, Lugdunu-Batavorum", Ámsterdam, Bruxelas e París, 1835-1848. 4 vv. Museum botanicum lugduno-batavum... , 1849-1857 Flora Javae et insularum adjacentium nova series 1858-1859 "Collection des Orchides les plus remarquables de l’Archipel Indien et du Japon". Ámsterdam, 1858. Con texto e gravados fidedignos en cor.
Honores Eponimia Xéneros (Asteraceae) Blumea DC.Guill. Arch. Bot. ii. 1833 514 (IK) (Bombacaceae) Blumea Rchb. Consp. Regn. Veg. 209 1828 (IK) (Loranthaceae) Blumella Tiegh.Bull. Soc. Bot. France 42: 441 1895 (IK) Revista Revista científica Blumea.
Abreviatura A abreviatura Blume emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Todas as especies decritas por Blume no IPNI.
Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Científicos dos Países Baixos Categoría:Botánicos dos Países Baixos Categoría:Botánicos de Alemaña Categoría:Entomólogos de Alemaña Categoría:Entomólogos dos Países Baixos Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Profesores da Universidade de Leiden Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Escritores en lingua neerlandesa Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en 1796 Categoría:Nados en Braunschweig Categoría:Finados en 1862