Manuel António dos Santos Lourenço, máis coñecido como M. S. Lourenço, nado en Sintra o 13 de maio de 1936 e finado en Lisboa o 1 de agosto de 2009, foi un filósofo, tradutor e escritor portugués, e profesor catedrático xubilado de Lóxica e Filosofía da Matemática no Departamento de Filosofía da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Destacou tamén como teórico do Experimentalismo poético portugués.
Biografía Manuel António dos Santos Lourenço era fillo de Manuel António Lourenço e de Maria Alice dos Santos Lourenço. Llicenciouse, en 1963, coa tese A filosofía da matemática de Ludwig Wittgenstein. Entre 1965 e 1968 foi bolseiro da Fundación Calouste Gulbenkian. Fixo os seus estudos posgrao en Oxford (Master of Arts) baixo a orientación de Michael Dummett, durante a cal preparou a antoloxía O teorema de Gödel e a hipótese do contínuo (F. C. Gulbenkian, 1979) e unha tradución portuguesa das dúas obras clásicas de Ludwig Wittgenstein, Tratado lóxico-filosófico e Investigações filosóficas (F. C. Gulbenkian, 1987).
En 1980, doutorouse na Universidade de Lisboa (en Letras) con Espontaneidade da razão: A analítica conceptual da refutação do empirismo na filosofia de Wittgenstein (editada en 1986 pola Imprensa Nacional-Casa da Moeda). Ocupou un cargo de Lector de portugués nas Universidade de Oxford (1968-1971) e da California (Santa Bárbara, EUA; 1972-1975), dando aulas despois (1976-1980) na Universidade do Estado da India (EUA) e máis tarde (1983-1984) na Universidade de Innsbruck (Austria). Foi aínda Fellow (1979-1980) no National Humanities Center (Chapel Hill, EUA). Entre 1999 e 2004 presidiu á Sociedade Portuguesa de Filosofía. A súa actividade de ensino foi case exclusivamente cuberta coa divulgación da Filosofía da Matemática e da Lóxica. Foi Director da revista de filosofía Disputatio. Pertenceu tamén á chamada xeración de O Tempo e o Modo, con António Alçada Baptista, João Bénard da Costa, Alberto Vaz da Silva, Pedro Tamen, Nuno Bragança, entre outros, publicando, na revista co mesmo nome, algúns dos seus poemas, ensaios e traducións. As traducións e os libros didácticos de filosofía e Pássaro Paradípsico están asinadas por Manuel Lourenço.
A conxugación desconcertante dun sentido profundamente relixioso do universo e dun vangardismo, próximo a tendencias experimentalistas reveladas os anos 60 e reforzado por un ludismo que se insinúa no gusto polos contrastes, pola sintaxe elíptica, polo insólito, polo antilirismo, e, a nivel formal, pola combinación de xéneros e de fontes, confirma este autor como unha das voces máis orixinais e densas da poesía portuguesa contemporánea.
M. S. Lourenço foi, do seu casamento con Maria Manuela Brito Bio Lourenço (1937-1998), pai do helenista, ensaísta e profesor universitario Frederico Lourenço (1963-) e da bailarina Catarina Lourenço (1965-); e, do casamento con Sylvia Wallinger (1948-), pai de Leonora Wallinger Lourenço (1981-2001).
Foi aínda detentor das seguintes Ordes: Grã-Cruz da Orde Militar de Sant'Iago da Espada e Cruz de Honra de I Clase da República da Austria.
Tras unha loita prolongada contra o cancro, Manuel S. Lourenço faleceu o día 1 de agosto de 2009, na compañía dos familiares máis próximos.
Obra
Poesía
O desequilibrista (1960). Moraes. Arte combinatória (1971). Moraes. Wytham Abbey (1974). Moraes. Pássaro paradípsico (1979).O poema foi ilustrado por Mário Cesariny. Perspectivas e Realidades, Lisboa. Nada brahma (1991). Assírio e Alvim. O caminho dos Pisões (2009). A obra poético-literaria reunida de M.S. Lourenço (preparada aínda en vida do autor) foi editada por João Dionísio para a Assírio & Alvim.
Narrativa
O doge (1962).O liro está asinado por 'Arquiduque Alexis-Christian Von Rätselhaft Gribskov' (tradución de M.S. Lourenço). Moraes. 1998, nova edición. Co pseudónimo de Alexis-Christian Von Rätselhaft und Gribskov. Colectánea de historias. Ode a Upsala ou Aria detta la Frescobalda (1964). Moraes. Colectánea de historias.
Ensaio
O homem como planta no Auto da Alma de Gil Vicente (1977). Os degraus de Parnaso (1991). 2003, 2ª ed. Assírio & Alvim.
Tradución
Jean Guitton, O trabalho intelectual (1959).Co-traducido co poeta Raul de Carvalho. Romano Guardini, O fim dos tempos modernos (1964). Moraes. James Joyce, Finnegans wake, I, 3 (1968).A tradución parcial (a primeira páxina) de Finnegans wake foi publicada na revista O tempo e o modo, nº 57/58, pp. 243-244. M.S. Lourenço aborda dous problemas acerca da tradución de Finnegans Wake: "Finnegans Wake em Português", 1969; in Colóquio/Letras, nr. 23, Jan. 1975 (aqui). Publicada unha parte en O Tempo e o Modo. William & Martha Kneale, O desenvolvimento da lógica (1972). Fundação Calouste Gulbenkian. Kurt Gödel, O teorema de Gödel e a hipótese do contínuo (1979). Fundação Calouste Gulbenkian. 2009, 2ª ed. revisada. Ludwig Wittgenstein, Tratado lógico-filosófico, Investigações filosóficas (1987). Fundação Calouste Gulbenkiandereita|miniatura|200x200px
Lóxica
Espontaneidade da razão: a analítica conceptual da refutação do empirismo na filosofia de Wittgenstein (1986). Imprensa Nacional Casa da Moeda. Teoria clássica da dedução (1991). Assírio e Alvim. A cultura da subtileza: aspectos da filosofia analítica (1995). Gradiva, editado por Desidério Murcho. Estruturas lógicas de primeira ordem (2003). Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofía e Centro de Filosofía -, as aulas de Mestrado em Filosofía Analítica. Os elementos do programa de Hilbert (2004). Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofía e Centro de Filosofía -, as aulas de Mestrado em Filosofía Analítica. Acordar para a lógica matemática (2006).O livro contém uma bibliografia comentada pelo autor, "Os meus clássicos". Facultade de Letras da Universidade de Lisboa – Departamento de Filosofía e Centro de Filosofía -, as aulas de Mestrado em Filosofía Analítica. Fundamentos da matemática (2008-2009); 13 artigos publicados co pseudónimo 'gribskoff' na enciclopedia online de matemática PlanetMath.
Premios
1991: Os degraus de Parnaso, Prémio D. Dinis da Casa de Mateus.
Notas
Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Tradutores ao portugués Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Filósofos de Portugal Categoría:Nados en Sintra Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en 1936 Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Poetas de Portugal