Frederico Maria Bio Lourenço, nado en Lisboa en 1963, é un escritor, tradutor e profesor universitario portugués. É especialista en linguas e literaturas clásicas, en particular en grego clásico.

Traxectoria Frederico Maria Bio Lourenço naceu en Lisboa, en 1963, fillo de M. S. Lourenço (1936-2009) e de Manuela Lourenço (1937-1998). Fixo a instrución primaria en Inglaterra (Oxford), onde a familia viviu entre 1965 e 1973. Frecuentou o Lycée Français Charles Lepierre de Lisboa, mais preferiu dedicarse ao estudo da música (Academia dos Amadores de Música, Conservatório Nacional; máis tarde Escola Superior de Música de Lisboa) e da lingua alemá (con profesores e por conta propia desde os 12 anos e despois no Goethe Institut de Lisboa) e por iso fixo o ensino secundario como auto-proposto.

Licenciouse, en 1988, en Linguas e Literaturas Clásicas na Universidade de Lisboa, onde máis tarde se doutorou cunha tese sobre os cantos líricos de Eurípides, sendo aprobado por unanimidade por un xurado que incluíu Maria Helena da Rocha Pereira (Universidade de Coímbra) e James Diggle (Universidade de Cambridge). A tese foi publicada co título "The Lyric Metres of Euripidean Drama" (Coímbra, Classica Digitalia, 2011). De 1989 a 2009 foi docente da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Desde novembro de 2009 foi profesor asociado da Facultade de Letras da Universidade de Coímbra.

Téndose dedicado durante anos ao estudo e tradución da poesía grega (sobre todo con Homero), comezou a volverse para outros intereses a partir de 2007: Estudos Bizantinos, Xermanística e Historia da Danza.

O 10 de abril de 2008, estreou, con grande éxito crítico, no Teatro da Cornucópia de Lisboa, a súa versión da peza Don Carlos de Friedrich Schiller, con encenificación de Luís Miguel Cintra.

Colaborou coa Cinemateca Portuguesa na elaboración de textos sobre cinema e na realización de catálogos, e nos xornais e revistas O Independente, Expresso, Público, Diário de Notícias, Journal of Hellenic Studies, Classical Quarterly, Euphrosyne, Humanitas, Colóquio-Letras e Os Meus Livros.

Obra

Novela

Pode um Desejo Imenso (2002). Cotovia. O Curso das Estrelas (2002). Cotovia. À Beira do Mundo (2003). Cotovia. Pode um Desejo Imenso (2006). Cotovia. As tres novelas anteriores novelas nun único volume, de acordo coas intencións do autor.

Poesía

Santo Asinha e Outros Poemas (2010). Caminho. Clara Suspeita de Luz (2011). Caminho.

Conto

A Formosa Pintura do Mundo (2005). Cotovia. Secuencia de narracións interligadas sobre a pintura, a música e o desexo, onde se cruzan figuras históricas (Camões, Voltaire) con personaxes da imaginación do autor. Caracteres (2007). Cotovia. Humor satírico.

Crónica

Amar não Acaba (2004). Cotovia. A Máquina do Arcanjo (2006). Cotovia. Valsas Nobres e Sentimentais (2007). Cotovia. O Lugar Supraceleste (2015). Cotovia.

Ensaio

Grécia Revisitada (2004). Cotovia. Ensaios sobre Píndaro (2006). Cotovia Novos Ensaios Helénicos e Alemães (2008). Cotovia. Estética da Dança Clássica (2014). Cotovia. O Livro Aberto: Leituras da Bíblia (2015). Cotovia.

Tradución

Odisseia de Homero (2003). Quetzal Editores, 2015. Ilíada de Homero (2005). En 2019, Quetzal Editores. A Odisseia de Homero Adaptada para Jovens (2018). Quetzal Editores Nova Gramática do Latim (2019). Quetzal Editores. A Ilíada de Homero Adaptada para Jovens (2019). Quetzal Editores. Poesia Grega (2020). Quetzal Editores.

Traduciu tamén dúas traxedias de Eurípides, Hipólito e Íon.

A Biblia En 2016 foi publicado o primeiro volume, dun total de seis, que comprenderán a maior e máis completa Bíblia en portugués xa feita. Previsto para entregar o último volume en 2020, a proposta do tradutor é dar ao lector de lingua portuguesa a sensación de ler o texto bíblico na lingua orixinal, respectando rigorosamente a literalidade contida no idioma orixinal das escrituras. O proxecto conta cun vasto aparato de notas que visa ambientar o lector no contexto histórico e lingüístico das escrituras e no que elas relatan.

Bíblia - Volume I - revista e aumentada (2018). Quetzal Editores Bíblia - Volume II (2017). Quetzal Editores Bíblia - Volume III (2017). Quetzal Editores Bíblia - Volume IV, Tomo I (2018). Quetzal Editores Bíblia - Volume IV, Tomo 2 (2019). Quetzal Editores

Premios

2002: Premio PEN Club 2002 (Primeira Obra) 2003: Premio D. Diniz da Casa de Mateus 2003: Gran Premio de Tradución - APT (Assoc. Port TRAD)/ PEN Club 2003 2006: Premio Europa – David Mourão-Ferreira 2008: Premio PEN Clube de Ensaio 2016: Premio Pessoa pola tradución da Bíblia.

Notas

Categoría:Escritores LGTB de Portugal Categoría:Tradutores ao portugués Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1963 Categoría:Escritores en lingua portuguesa