O Rally de Terra Xacobeo 93 foi a última proba da tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. Celebrouse nas inmediacións de Santiago de Compostela o 24 de novembro de 1991 e o vencedor foi Tito Rodríguez, a bordo dun Citroën AX Proto.

O piloto do Carballiño Andrés González chegaba a este rally como líder do campionato, seguido a pouca distancia por Manuel Senra, proclamándose campión galego por segunda vez despois do abandono de ambos. Foi a única edición de dito rally xa que a Escudería Compostela, organizadora da proba, suspendeu por falta de financiamento a edición de 1992, así como o Rally Botafumeiro e outras probas previstas para ese ano.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículo1 Tito Rodríguez Ángel GarcíaCitroën AX Proto2 Manuel Gómez Alén3 João Enes Manuel HermoLancia Delta IntegraleAbandonos- Andrés GonzálezRenault 5 GT Turbo- Manuel Senra Pepe MaceirasPeugeot 205 GTI

Notas

Categoría:Rally de Terra Xacobeo 93 Categoría:Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra