Ramón Cabirta Otero, nado en Vilaboa o 29 de agosto de 1898, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1920.El Noticiero Gallego, 4-6-1920, p. 2. Foi mestre interino en Orazo (1923),El Noticiero Gallego, 25-10-1923, p. 2. e despois do pósito de Vilagarcía de Arousa. Aprobou as oposicións en 1926.El Ideal Gallego, 25-5-1926, p. 2. Foi destinado a Vilarxoán, foi mestre de Angoares (1928),El Eco de Santiago, 15-3-1928, p. 2. e dende 1930 do pósito de Moaña. Ingresou na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo (UGT) en xuño de 1932,El Pueblo Gallego, 18-6-1932, p. 6. e foi socio fundador da Casa del Maestro de Pontevedra en 1934;El Pueblo Gallego, 3-6-1934, p. 8. estaba afiliado ao Partido Galeguista.O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. I). ("3.4. Socioloxía do P.G.") Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Moaña ás agachadas para non comprometer a súa vida. Suspendido de emprego e soldo. Foi detido en Arcade pola Garda Civil de Moaña en decembro de 1936 acusado de ter unha pistola.El Pueblo Gallego, 8-12-1936, p. 10. Resolto o seu expediente de depuración foi reposto con perda dos haberes de seis meses e traslado dentro da provincia en novembro de 1937.El Noticiero Gallego, 11-11-1937, p. 3. Foi trasladado ao pósito do Grove, e foi secretario da confraría do Grove. Dende finais da década de 1950 foi mestre no Picacho (Vigo). Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vilaboa Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes