The (en galego, A Lista Negra) é unha serie de televisión estadounidense creada por Jon Bokenkamp e emitida dende o 23 de setembro de 2013 na NBC e simultaneamente no Canadá na rede Global (Citytv para a quinta tempada). A serie tivo unha boa acollida por parte da crítica, que particularmente felicitou a actuación de James Spader. The Blacklist tivo boas audiencias, mais sobre todo rexistra importantes resultados grazas á súa audiencia diferida. A serie chegoou aos 100 episodios co episodio 11 da quinta tempada.
A serie comezou a súa sétima tempada o 4 de outubro de 2019. O 20 de febreiro de 2020, NBC anunciou que ía encargar a oitava tempada.
Sinopse A serie, que está ambientada principalmente en Washington, conta a historia dun ex-oficial da Mariña dos Estados Unidos, Raymond "Red" Reddington, que se converteu nun gran criminal, e que se rende voluntariamente ao FBI na súa sede. Despois de converterse nun dos criminais máis buscados polo FBI e estar fuxido durante décadas, dille ao FBI que ten unha lista dos criminais máis perigosos do mundo que recompilou ao longo dos anos e que está a piques de informar sobre as súas operacións a cambio de inmunidade.
Non obstante, a súa única condición é que só traballará coa axente Elizabeth Keen, unha rapaza recentemente recrutada polo FBI. Os misterios da vida de Reddington e Liz, así como o seu interese por ela, vanse revelando progresivamente a medida que a serie avanza. Reddington, como consecuencia dos seus negocios criminais durante as dúas últimas décadas, fixera unha lista dos delincuentes e terroristas que el cre que non son trazables polo FBI porque descoñecen a súa existencia. Esa lista é a que dá título á serie, The Blacklist. En cada episodio, presenta a un deses delincuentes e por medio de información e pistas, axuda ao equipo do FBI a seguilo e capturalo.
Elenco
Actores principais James Spader: Raymond «Red» Reddington Megan Boone: Elizabeth Keen / Masha Rostova, chamada «Liz» Diego Klattenhoff: Donald Ressler Amir Arison: Aram Mojtabai (tempada 1 recorrente, principal desde a tempada 2) Harry Lennix: Harold Cooper Hisham Tawfiq: Dembe Zuma (recorrente nas tempadas 1 e 2, principal desde a tempada 3)
Outros actores principais Ryan Eggold: Tom Keen / Jacob Phelps / Christopher Hargrave (tempadas 1 a 5) Parminder Nagra: Meera Malik (tempada 1) Mozhan Marnò: Samar Navabi (tempadas 2 a 6)
Actores secundarios
Alan Alda: Alan Fitch (tempadas 1 e 2) Rachel Brosnahan: Jolene Parker / Lucy Brooks (tempada 1) Jane Alexander: Diane Fowler, ministra de xustiza (tempada 1) Lance Henriksen: Bill McCready, o «Comandante» (tempadas 2 e 3, convidado tempada 5) Mary-Louise Parker: Naomi Hyland / Carla Reddington, exmuller de Reddington (tempada 2) Paul Reubens: Mr. Vargas (tempadas 2 e 3) David Strathairn: Peter Kotsiopulos(CIA) (tempada 2 e 3) Edi Gathegi: Mathias Solomon, mercenario (tempada 3) Brian Dennehy: Dominic Wilkinson (dende a tempada 3) Ulrich Thomsen: Alexander Kirk / Constantin Rostov, ex-esposo de Katarina Rostova (tempadas 3 e 4) Deirdre Lovejoy: Cynthia Panabaker, conselleira xurídica na Casa Branca (dende a tempada 3) Annie Heise: Elise / Janet Sutherland (tempada 4) Enrique Murciano: Julian Gale (tempada 4) James Carpinello: Henry Prescott (de nome real Mitchell Hadley) (tempadas 4 i 5) Ken Leung: Michael Sima, axudante do fiscal (tempada 6)
Convidados
Isabella Rossellini: Floriana Campo (episodio 2 - tempada 1) Robert Sean Leonard: Frederick Barnes (episodio 7 - tempada 1) David Zayas: Manny Soto (episodio 7 - tempada 1 e episodio 1 - tempada 4) William Sadler: Sam Milohan, pai adoptivo de Elizabeth (episodos 8 e 9 - tempada 1, episodio 17 - tempada 4, episodio 19 - tempada 6) Jennifer Ehle: Madeline Pratt (episodio 14 - tempada 1, episodio 14 - tempada 2) Dianne Wiest: Ruth Kipling (episodio 15 - tempada 1) Krysten Ritter: Rowan Mills (episodio 1 - tempada 2) Peter Fonda: Geoff Perl (episodio 6 - tempada 2) Ron Perlman: Luther Braxton (episodios 9 e 10 - tempada 2) Fisher Stevens: Marvin Gerard (episodios 2, 6 e 10 - tempada 3, episodio 15, 18 e 20 - tempada 4) Andrew Divoff: Karakurt (episodios 6 a 10 - tempada 3) Celia Weston: Lady Ambrosia (episodio 14 - tempada 3) Famke Janssen: Susan «Scottie» Hargrave (episodios 20 a 22 - tempada 3, episodio 9 - tempada 5) Jill Hennessy: Margot (episodio 11 - tempada 4) Elizabeth Lail: Natalie Luca (episodio 12 - tempada 4) Owain Yeoman: Grayson Blaise (episodio 2 - tempada 5) Nathan Lane: Abraham Stern (episodio 11 - tempada 5) C. Thomas Howell: Earl Fagen (episodios 12 e 15 - tempada 5) Martha Plimpton: doutor Sharon Fulton (episodios 14 e 16 - tempada 5) Julian Sands: Sutton Ross (episodio 22 - tempada 5) John Waters: John Waters (episodio 22 - tempada 5) Christophe Lambert: Bastien Moreau (episodios 1, 2, 11 e 12 - tempada 6) Stacy Keach: Robert Vesco (episodio 13 - tempada 6) Richard Brooks: Mitchell Young (episodio 15 - tempada 6) Max Casella: Henry Morris (episodio 16 - tempada 6)
Desenvolvemento
Produción John Eisendrath, entrevista no sobre The Blacklist. Despois de mostrar a presentación do piloto en Comic-Con, os produtores revelaron que a fonte de inspiración da serie proviña da captura de Whitey Bulger, que foi a fonte de inspiración de Raymond Reddington. O proxecto presentouse a NBC en agosto de 2012, que mercou os dereitos de Sony Pictures Television.
O 22 de xaneiro de 2013, NBC encargou o piloto, e despois a serie o 10 de maio de 2013, e asignoulle dous días despois a franxa horaria desde o luns ás 22h para caer. Cando o piloto da serie é probado por NBC por un panel de espectadores, na primavera de 2013 obtén os mellores rendementos cualitativos rexistrados pola rede no transcurso destes últimos dez anos, segundo comentaron á prensa os responsables da cadea.
O 4 de outubro de 2013, tralas boas audicións dos dous primeiros episodios, NBC encargou nove episodios adicionais, levando a tempada a 22 episodios.
O 3 de decembro de 2013, NBC renovou a serie por segunda tempada.
O 5 de febreiro de 2015, a serie renóvase por unha terceira tempada, chegando a 23 os episodios.
O 7 de decembro de 2015, NBC renovou a serie por unha cuarta tempada.
O 11 de maio de 2017, NBC renovou a serie por unha quinta tempada.
O 14 de maio de 2017, NBC anunciou o regreso da tempada 2017/2018. A serie emitiuse dende o mércores á noite ás oito da tarde antes da unidade especial de Nova York e o 17 de xaneiro de 2018, a serie emitiu o seu décimo cuarto episodio e ese é tamén o número da lista de Reddington.
Localización Aínda que a tramas está situada principalmente en Washington D. C., a serie foi filmada en Nova York e arredores, sobre todo na área de Long Beach.
Tempadas TempadaNº EpisodiosEmisión orixinalPrimeira emisiónÚltima emisión12223 de setembro de 201312 de maio de 201422222 de setembro de 201414 de maio de 20153231 de outubro de 201519 de maio de 201642222 de setembro de 201618 de maio de 201752227 de setembro de 201716 de maio de 20186223 de xaneiro de 201917 de maio de 20197194 de outubro de 201915 de maio de 2020
Premios e nomeamentos AnoPremioCategoríaNomeadosResultado2014People's Choice AwardsNovo drama de TV favoritoThe BlacklistNomeadaPremios Globo de OuroMellor actor de serie de TV - DramaJames SpaderNomeado
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio oficial da serie The Blacklist en Rotten Tomatoes The Blacklist en IMDb
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2013 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da NBC