Hugo III de Borgoña, nado en 1148 e finado en Acre en 1192, foi duque de Borgoña (1162 - 1192).
Traxectoria
Orixes familiares Naceu en 1142 e era fillo do duque Odón II de Borgoña e de María de Blois. Era neto por liña paterna de Hugo II de Borgoña e Matilda de Mayenne e por liña materna de Teobaldo II de Champaña e Matilda de Carintia.
Matrimonio e descendentes Casou en 1165 con Alicia de Lorena, filla de Mateo I de Lorena e Berta de Suabia. Desta unión naceron:
o infante Odon III de Borgoña (1166 - 1218), duque de Borgoña. o infante Alexandre de Borgoña (1170 - 1205), señor de Montagu. a infanta Dulce de Borgoña (1175 - post 1219), que casou en 1196 con Simón de Semur. A princesa Alicia de Borgoña (1177 -?), que casou con Beraldo VIII de Mercoeur.
En 1183, repudiou a Alicia de Lorena e casou, por segunda ese mesmo ano, en St-Gilles-en-Languedoc, coa condesa Beatriz de Albon, filla de Guigón V de Albon e Beatriz de Montferrato. Desta unión naceron:
O infante André Guigón VI do Vienés (1184 - 1237), delfín de Viennois. A princesa Mafalda de Borgoña (1190 - 1242), que casou en 1214 con Xoán I de Châlon (Conde de Châlon). A princesa Ana de Borgoña (1192 - 1243), que casou en 1222 co conde Amadeo IV.
Ducado de Borgoña O reinado de Hugo III marcou o final do período de relativa calma e paz no Ducado de Borgoña. Hugo III foi un duque belixerante e pronto entrou en conflito co rei Lois VII de Francia polas fronteiras entre os dous dominios. A morte do rei e o ascenso do seu fillo Filipe II de Francia fixeron que Hugo III obrigase a moitos señores feudais a romper a súa vasalaxe co rei francés, polo que o rei francés ocupou o ducado. O seu fillo foi feito prisioneiro, polo que tivo que pagar un rescate elevado e tivo que renunciar ás súas pretensións sobre Francia.
En 1187 Hugo III mudou a capital do Ducado de Borgoña a Dijon.
Aliouse con Ricardo Corazón de León e emprendeu a Terceira Cruzada con el contra Saladino. Hugo III tivo unha importancia vital na captura da cidade de Acre, onde morreu un ano despois, o 25 de agosto de 1192, e na batalla de Arsuf, na que comandou os francos Kenneth M. Setton, Robert Lee Wolff, Harry W. Hazard, A History of the Crusades, Volume II: The Later Crusades, 1189-1311, p.73-74.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Duques de Borgoña Categoría:Nados en 1148 Categoría:Finados en 1192