miniatura|Zona rural. En xeral, unha zona rural ou o campo é unha área xeográfica que se localiza fóra de poblacións e cidades. Calquera zona non urbana é considerada rural.
As zonas rurais típicas teñen unha baixa densidade de poboación e pequenos asentamentos. As áreas agrícolas son normalmente rurais, do mesmo xeito que o son as áreas forestais.
Historia miniatura|Calzada cara a un pobo abandonado polo éxodo rural.
Hai cen anos a maioría da poboación vivía no campo. A mediados do século XX, coa Revolución Industrial, comezou unha migración do rural ás cidades coa busca de mellores condicións de vida. Isto provoca o despoboamento do rural e aínda está a acontecer.
Estatísticas No 2018 sete millóns e medio de persoas vivían no rural en España, un 16,2%. Non obstante, a superficie rural en España ocupa un 84,1%. En Galicia o 26% da poboación vive no rural.
Traballo no rural miniatura|Gandaría en Biescas. O traballo no rural está baseado no sector primario, e dicir, na agricultura, na gandaría etc.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Natureza Agricultura
Categoría:Ecoloxía Categoría:Agricultura