O Premio D. Dinis é un premio literario portugués instituído pola Fundación Casa de Mateus e patrocinado pola Direcção-Geral do Livro e das Bibliotecas e pola Caixa Xeral de Depósitos.
Todos os anos é galardoada unha obra de poesía, ensaio ou ficción publicada o ano precedente á asignación do premio. Os autores poden ser portugueses, galegos e españois.
En 2011, a vencedora Maria Teresa Horta rexeitou recibir o premio das mans do entón primeiro-ministro portugués Pedro Passos Coelho, polo que a cerimonia de entrega foi cancelada.
En 2012 foi anunciado que o Goberno iría cesar o apoio financeiro ao premio, o que levou á súa suspensión.
A asignación anual do premio foi retomada en 2017. En 2019 o xurado estaba constituído por Nuno Júdice (presidente), Fernando Pinto do Amaral e Pedro Mexia.
Vencedores
1980 - Agustina Bessa Luís con O Mosteiro e Almeida Faría con Lusitânia 1981 - Pedro Tamen con Horácio e Coriácio e Vergílio Ferreira con Conta corrente I e II 1982 - Fernando Namora con Resposta a Matilde 1983 - Maria Velho da Costa con Lucialima e Camilo José Cela con Mazurca para dos Muertos 1984 - José Saramago con O Ano da Morte de Ricardo Reis 1985 - Maria Gabriela Llansol con Um Falcão no Punho e Fernando Guimarães con Casa: o seu Desenho 1986 - David Mourão Ferreira con Um Amor Feliz e Mário de Carvalho con A Paixão do Conde de Fróis 1987 - Eugénio de Andrade con Vertentes do Olhar 1988 - Luísa Costa Gomes con Pequeno Mundo 1989 - Sophia de Mello Breyner Andersen con Ilhas 1990 - Nuno Júdice con As Regras da Perspectiva 1991 - M. S. Lourenço con Os degraus de Parnaso 1992 - José Bento con Silabário 1993 - Joaquim Manuel Magalhães con A Poeira levada pelo Vento 1994 - Luís Filipe Castro Mendes con O Jogo de Fazer Versos 1995 - Eduardo Lourenço con O Canto do Signo 1996 - Fiama Hasse Pais Brandão con Epístolas e Memorandos 1997 - José Cardoso Pires con De Profundis, Valsa Lenta 1998 - Lídia Jorge cn O Vale da Paixão 1999 - António Lobo Antunes con Exortação aos Crocodilos 2000 - Gastão Cruz con Crateras 2001 - Hélia Correia con Lilias Fraser e Marcelo Mathias con A Memória dos Outros 2002 - António Franco Alexandre con Duende 2003 - Frederico Lourenço con Odisseia de Homero 2004 - Manuel Gusmão con Migrações de Fogo 2005 - António Manuel Pires Cabral con Douro: Pizzicato e Chula e Que comboio é este 2006 - Fernando Echevarría con Epifanias 2007 - Manuel Alegre con Doze Naus 2008 - Vítor Aguiar e Silva con A Lira Dourada e a Tuba Canora: Novos Ensaios Camonianos 2009 - Rui Ramos, Bernardo de Vasconcelos e Sousa e Nuno Gonçalo Monteiro con Históoria de Portugal 2010 - João Barrento con O Género Intranquilo. Anatomia do ensaio e do fragmento 2011 - Maria Teresa Horta con As luzes de Leonor 2017 - Mário Cláudio con Astronomia 2018 - Hélder Macedo con Camões e Outros Contemporâneos 2019 - Onésimo Teotónio Almeida con O Século dos Prodígios - A Ciência no Portugal da Expansão 2020 - Jorge Silva Melo con A Mesa Está Posta 2021 - José Viale Moutinho con Os Cimentos da Noite - Poesia 1975 -2018 2022 - José Tolentino de Mendonça, con Introdução à pintura rupestre 2023 - Jorge Calado, con Mocidade Portuguesa
Notas
Categoría:Literatura en lingua portuguesa Categoría:Premios e certames literarios Categoría:Lingua portuguesa Dinis