Jack o cazador de xigantes (en ) é un filme estadounidense de 2013 dirixido e coproducido por Bryan Singer e escrito por Darren Lemke, Christopher McQuarrie e Dan Studney, a partir dunha historia de Lemke e David Dobkin. O filme, baseado nos contos de fadas británicos "Xan o cazador de xigantes" e "Xan o das fabas máxicas", está protagonizado por Nicholas Hoult, Eleanor Tomlinson, Stanley Tucci, Ian McShane, Bill Nighy e Ewan McGregor. O filme conta a historia de Jack, un mozo granxeiro que ten que rescatar unha princesa secuestrada por xigantes ó abrir sen querer unha vía entre a terra e o ceo.
Estreouse en galego a través da TVG.
Personaxes Nicholas Hoult como Jack Eleanor Tomlinson como Isabelle Stanley Tucci como Lord Roderick Ian McShane como rei Brahmwell Bill Nighy e John Kassir como a voz e os movementos do xeneral Fallon Ewan McGregor como Elmont Eddie Marsan como Crawe Ewen Bremner como Wicke
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en MetaCritic
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2013 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Bryan Singer Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Europa Categoría:Filmes ambientados en 2013 Categoría:Filmes baseados en Xan o das fabas máxicas Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2013 con versión en galego