Quercus cerris, coñecido na bibliografía internacional, entre outros, con nome de carballo turco,InfoMiño. ou carballo cabeludo,San Cibrán. Salceda de Caselas. é unha árbore da familia das fagáceas, que se distribúe polo sur e o sueste de Europa e en Asia Menor.
Taxonomía Descrición A especie foi descita en 1753 por Linneo na páxina 997 da súa obra Species Plantarum.
Etimoloxía Para a do xénero véxase Quercus.
O epíteto específicico, cerris, provén da voz latina cerrus, que pode traducirse como "de lugares pedregosos". Sinónimos Adenais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimo]]s:Sinónimos en Kew
Quercus lanuginosa (Lam. in Lamarck & A.DC., 1778) Quercus frondosa Mill., 1759 Quercus aegilops Scop., 1772 Quercus crinita Lam., 1785 Quercus haliphlaeos Lam., 1785 Quercus austriaca[Willd., 1805 Quercus tournefortii Willd., 1805 Quercus secondatii Steud., 1821 Cerris australis Raf., 1838 Cerris austriaca (Willd. Raf., 1838) Cerris crinita (Lam. Raf., 1838) Cerris paliphleos Raf., 1838 Quercus ragnal Lodd. ex Loudon 1838 Quercus cana Steud., 1841 Quercus crispa Steud., 1841 Quercus frondosa Steud., 1841 Quercus incisa Steud., 1841 Quercus variegata Lodd. ex Steud., 1841 Quercus pseudocerris Boiss., 1853 Quercus asplenifolia A.DC. in A.P.de Candolle, 1864 Quercus echinata Salisb. in A.P.de Candolle, 1864 Quercus heterophylla A.DC. in A.P.de Candolle, 1864 Quercus dentata S.Watson, 1873, nom. illeg. Quercus raynal K.Koch, 1873 Quercus recurvisquamosa St.-Lag., 1882 Quercus nicotrae Lojac., 1907 Quercus × ambrozyana Simonk., 1909 Quercus tukhtensis Czeczott, 1932 Quercus thracica Stef. & Nedjalkov, 1956
Características É unha árbore caducifolia coa copa ancha que alcanza os 10 m de altura. Ten o tronco coa casca agrisada e con grandes fisuras que terminan agretándose e formando placas cadradas e convexas. As follas son oblongas coas marxes dentadas, lixeiramente ásperas e con pelos ríxidos na face e pubescentes no envés. O froito é un aquenio, unha landra, coa metade ou dous terzos aloxados no interior da cúpula, con escamas longas e rematadas en punta e curvadas cara a fóra.
Distribución É nativo do centro e sur de Europa, Sicilia e Asia Menor. Tamén se encontra como planta ornamental en España.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mitchell, Alan (1979): Guía de campo de los árboles de Europa''. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0549-3.
Categoría:Quercus Categoría:Flora de Europa Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné