Taqī ad-Dīn Aḥmad ibn Taymiyyah (en ), nado en Harran (Sultanato de Rum) o 22 de xaneiro de 1263 e finado en Damasco o 26 de setembro de 1328, coñecido simplemente como Ibn Taymiyyah (en ),Ibn Taymiyya and his Times, Oxford University Press, Pakistan. Ibn Taymiyyah, Taqi al-Din Ahmad, The Oxford Dictionary of Islam. http://www.oxfordreference.com/view/10.1093/acref/9780195125580.001.0001/acref-9780195125580-e-959?rskey=2XYR29&result=959 foi un estudoso sunnita, muhaddith, teóloxo, xuíz, xurisconsulto, lóxico e filósofo, recoñecido por algúns como o mujaddid do século VII do calendario islámico.The Legal Thought of Jalāl Al-Din Al-Suyūṭī: Authority and Legacy, páxina 133 Rebecca Skreslet Hernandez É célebre por involucrarse diplomaticamente co gobernante mongol Ghazan Khan e pola súa participación vitoriosa na batalla de Marj al-Saffar (1303) que acabou coa invasión mongol de Siria. Membro da escola Hanbali, as opinións iconoclastas de Ibn Taymiyyah sobre as doutrinas sunnitas aceptadas amplamente no seu tempo como a veneración dos santos e a visita aos santuarios fixérono pouco popular entre os estudosos e os gobernantes do seu tempo, polos que foi encarcerado varias veces.Laoust, H., "Ibn Taymiyya", en: Encyclopaedia of Islam, Second Edition, Edited by: P. Bearman, Th. Bianquis, C.E. Bosworth, E. van Donzel, W.P. Heinrichs. Consultado o 13 de decembro de 2016 <https://dx.doi.org/10.1163/1573-3912_islam_SIM_3388>
Figura polarizadora na súa época e nos séculos seguintes,Tim Winter The Cambridge Companion to Classical Islamic Theology Cambridge University Press, 22.05.2008 p. 84Yossef Rapoport and Shahab Ahmed, Introduction in Ibn Taymiyya and His Times, eds. Yossef Rapoport and Shahab Ahmed (Karachi: Oxford University Press, 2010), 6 Ibn Taymiyyah converteuse nun dos escritores medievais máis influentes do islam, e as súas interpretacións particulares do corán e a Sunna e o seu rexeitamento dalgúns aspectos da tradición clásica islámica pénsase que tiveron unha influencia considerábel en ideoloxías ultraconservadoras contemporáneas como o wahhabismo, o salafismo e o xihadismo.Kepel, Gilles, The Prophet and the Pharaoh, (2003), páx. 194 De feito, algúns aspectos particulares da súa ensinanza tiveron unha influencia profunda en Muhammad ibn Abd al-Wahhab, fundador do movemento de reforma hanbali que se practica en Arabia Saudita e noutros membros posteiores da escola wahabi. Ademais, a controvertida fatwa de Ibn Taymiyyah permitindo a xihad contra outros musulmáns foi citada por al-Qaeda e outros grupos xihadistas.
Obras Ibn Taymiyyah deixou unha obra considerábel, de entre 350 obras segundo o seu alumno Ibn Qayyim Al-Jawziyya ás 500 segundo o seu alumno al-Dhahabi.M.M. Sharif, A History of Muslim Philosophy, Pakistan Philosophical Congress, p. 798 Oliver Leaman di que Ibn Taymiyyah produciu uns 700 traballos no campo das ciencias islámicas. Non todas as obras de Ibn Taymiyyah se conservan, e os trinta e cinco volumes sobreviventes están incompletos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Rapoport, Yossef (9 de abril de 2010). Ibn Taymiyya and His Times. OUP Pakistan. . Hoover, Jon (28 de maio de 2007). Ibn Taymiyya's Theodicy of Perpetual Optimism. Brill. .
Ligazóns externas al-Aqidah Ibn Taymiyyah Kindle Edition Biodata at MuslimScholars.info Why Study...Ibn Taymiyya, with Jon Hoover, University of Nottingham (YouTube video) Britannica Concise Encyclopedia Fatwa of Mardin by Ibn Taymiyya Books by Ibn Taymiyyah
Categoría:Nados na provincia de Şanlıurfa Categoría:Nados en 1263 Categoría:Finados en 1328 Categoría:Personalidades do dereito Categoría:Personalidades do islam de Turquía Categoría:Teólogos musulmáns Categoría:Personalidades da filosofía