O Rally de Terra do Carballiño de 1990 foi a terceira edición de dito rally. Celebrouse o 9 de setembro de 1990 e foi puntuable para a tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra. O vencedor foi o portugués João Enes conducindo un Renault 11 Turbo.

Resumo Ana Barbero dominou a proba durante os treitos iniciais e mantivo unha loita con João Enes e Manuel González ata que abandonou por avaría cando restaban dous treitos. Con ela fóra da carreira Enes impuxo a maior velocidade punta do seu Renault 11 Turbo sobre a do Citroën Visa GTI de González e chegou o primeiro á meta. Tito Fernández completou o podio. Dos corenta pilotos que tomaron a saída chegaron 27 á meta.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoEquipoTempo1 João Enes Manuel HermoRenault 11 TurboDoble Cero38' 49"2 Manuel González Delfín SotoCitroën Visa GTIEscudería Cañizaa 20"3 Tito FernándezFreireCitroën Visa GTAutocross Orensea 1' 02"4 José Manuel Torres Juan Carlos NúñezVolkswagen Golf GTIAlacrána 1' 37"5 Carlos Morales Manuel FerreiroSeat 124 2000Escudería Orensea 4' 33"6 Manuel Gómez Alén Gustavo GonzálezRenault 5 ProtoEscudería Orensea 4' 35"7FernándezLópezCitroën Visa GTIEscudería Miñoa 4' 36"8 Carlos Sá Luisa SilvaPeugeot 104Doble Ceroa 4' 41"9 Óscar Fernández Marco FernándezSeat 124 1800Escudería Orensea 5' 06"10GonzálezRodríguezTalbot 1200 LXArenteiro Motor Sporta 5' 33"Abandonos- Ana Barbero-

Notas

Categoría:Rally de Terra do Carballiño Categoría:Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rallys de Terra