Patricia Fara, nada en Oxford o 15 de abril de 1948, é unha historiadora da ciencia na Universidade de Cambridge. Desde 2016 a 2018 foi Presidenta da Sociedade británica para a Historia de Ciencia. Fara é autora de destacados libros de historia de ciencia.
Traxectoria Fara comezou a súa carreira académica como física pero logo especializouse en Historia e Filosofía de Ciencia, doutorándose no Imperial College London en 1993.
Foi Directora de Estudos e ocupou outros cargos no Departamento de Historia e Filosofía da Ciencia do Clare Colllege. En 2016 foi nomeada Presidenta da Sociedade británica para a Historia de Ciencia.
Investigación As súas investigacións céntranse no papel do retrato e a arte na historia da ciencia, a ciencia na Inglaterra do século XVIII durante a Ilustración e o papel da muller na ciencia. Escribiu sobre numerosas mulleres na ciencia, as matemáticas, a enxeñaría e a medicina, entre elas: Hertha Ayrton, Lady Helen Gleichen, Mona Chalmers Watson, Helen Gwynne-Vaughan, Isabel Emslie Hutton, Flora Murray, Ida Maclean, Marie Stopes e Martha Annie Whiteley. Defendeu proporcionar máis apoio para o coidado dos nenos co fin de aumentar a retención das mulleres na ciencia. Escribiu e é coautora de varios libros para público infantil sobre ciencia. Fara tamén é revisora de libros de historia da ciencia.Moore, Wendy (2018) 'A Lab of One’s Own: Science and Suffrage in the First World War by Patricia Fara review – trailblazing feminist' The Guardian 3 Xaneiro 2018 O seu libro máis recente é A Lab of One's Own: Science and Suffrage in the First World War (2017), no que "aborda o estudo da práctica científica realizada por moitas mulleres no período da I Guerra Mundial" entre elas Caroline HaslettBruton, Elizabeth (2018) 'When Suffragettes kicked open the lab door' Nature 10 Xaneiro 2018. En 2013, Fara publicou un artigo en Nature, no que suliñaba o feito de que as biografías das científicas perpetúan os estereotipos.
Premios
2011 Premio Dingle da Sociedade británica para a Historia de Ciencia por: A Four Thousand Year History (2009)
Publicacións En Dialnet pódese consultar a súa obra, na que destacan:
Fara, Patricia (2002) Newton: The Making of Genius Pan-MacMillan. Fara, Patricia (2002) An Entertainment for Angels: Electricity in the Enlightenment Icon Books Fara, Patricia (2004) Pandora's Breeches: Women, Science and Power in the Enlightenment Pimlico Books.
Fara, Patricia (2009). Breve historia de la ciencia. Madrid: Ariel. 978-84-344-8830-4.
Notas
Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Alumnos do Imperial College London Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en 1948