En kongelig affære é un filme de 2012 dirixido por Nikolaj Arcel, e protagonizado por Mads Mikkelsen, Alicia Vikander e Mikkel Følsgaard. É unha coprodución internacional entre Dinamarca, Suecia e a República Checa. A historia está ambientada no século XVIII, na corte do rei mentalmente doente Cristián VII de Dinamarca, enfocándose no idilio amoroso entre a súa muller, Carolina Matilde de Gran Bretaña, e o médico real Johann Friedrich Struensee.

O filme recibiu dous Osos de Prata na 62ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín, e foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 85ª edición dos premios. Foi nomeado na mesma categoría na 70ª edición dos Globos de Ouro.

Personaxes

Mads Mikkelsen como Johann Friedrich Struensee Alicia Vikander como Carolina Matilde de Gran Bretaña Mikkel Følsgaard como Cristián VII de Dinamarca David Dencik como Ove Høegh-Guldberg Søren Malling como Hartmann Trine Dyrholm como Xiana María de Brunswick-Wolfenbüttel William Jøhnk Nielsen como Frederico VI de Dinamarca Cyron Bjørn Melville como Enevold Brandt Rosalinde Mynster como Natasha Laura Bro como Louise von Plessen Bent Mejding como J.H.E. Bernstorff Thomas W. Gabrielsson como Schack Carl Rantzau Søren Spanning como Münster John Martinus como Ditlev Reventlow Erika Guntherová como Lady in Waiting Harriet Walter como Augusta de Saxonia-Gotha Klaus Tange como Ministro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Dinamarca propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes da República Checa Categoría:Filmes dirixidos por Nikolaj Arcel Categoría:Filmes rodados na República Checa Categoría:Filmes ambientados en Copenhage Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra Categoría:Filmes ambientados en Dinamarca Categoría:Filmes ambientados no século XVIII Categoría:Filmes sobre políticos