Cristián VII, nado o 29 de xaneiro de 1749 e finado o 13 de marzo de 1808, foi un monarca da casa de Oldenburg que foi rei de Noruega e Dinamarca e duque de Schleswig e Holstein dende o ano 1766 até a súa morte. O seu lema foi Gloria ex amore patriae ("gloria a través do amor á patria"). Traxectoria
O reinado de Cristián VII estivo marcado pola súa doenza mental e porque a maioría do seu reinado só foi monarca nominalmente. O seu medio irmán Frederico foi designado como rexente de Dinamarca en 1772. Dende 1784 até a morte de Cristián VII en 1808, o fillo de Cristián, posteriormente Frederico VI, exerceu como rexente non oficial.
Notas
Categoría:Nados en 1749 Categoría:Reis de Noruega Categoría:Casa de Oldemburgo Categoría:Finados en 1808 Categoría:Historia de Dinamarca