Milovan Glišić (en cirílico, Милован Ђ. Глишић) nado en Gradac, preto de Valjevo o 6 de xaneiro de 1847 e finado en Dubrovnik o 20 de xaneiro de 1908, foi un escritor, tradutor e crítico literario serbio.
Traxectoria Naceu nunha comunidade agraria de Serbia e tivo que traballar dende moi novo para axudar os pais. Estudou na Grande École de Belgrado (hoxe Universidade de Belgrado), onde se licenciou en 1875. Traballou para a sección de prensa do Ministerio de asuntos exteriores durante a Guerra serbio-turca de 1875 e máis tarde para varios medios como xornalista e tradutor. Foi así mesmo bibliotecario e dramaturgo do Teatro Nacional de Belgrado.
Obra Relatos Glava šećera Ni oko šta Noventa anos despoisTraducida ao galego por Jairo Dorado Cadilla e publicada pola Editorial Hugin e Munin. (Posle devedeset godina) Prva brazda Raspis Redak zver Roga Sigurna većina Svirač Šilo za ognjilo Vujina prosidba Zloslutni broj
Dramaturxia Dva cvancika (1883) Podvala (1885)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do autor en serbica.u-bordeaux-montaigne.fr
Categoría:Escritores en lingua serbocroata Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1908