Ceca de Ostia Follis de Maxencio260x260pxIMP C MAXENTIVS P F AVG; cabeza laureada cara á dereita.AETERNITAS AVGN, os dióscuros"The Dioscuri on Roman coins". En Taylor, E. The Maxentian Mint at Ostia. en pé e afrontados, cos seus cabalos no medio; MOSTQ no exergo.Follis. Ceca de Ostia(marca MOSTQ). Cuñado ca. 309-312. 6,41 g. (RIC) VI 35.

A ceca de Ostia foi un obradoiro monetario do Imperio Romano operativo durante o século IV, situado na antiga cidade de Ostia, preto de Roma, na costa do mar Tirreno.

Historia A ceca de Ostia foi fundada polo emperador Maxencio (306-312) en 308/309 ou en 311, e estivo dotada inicialmente de persoal procedente da ceca de Cartago, pechada logo da represión pola rebelión de Domicio Alexandre, e estivo activa ata 313, cando, por mor da vitoria sobre o propio Maxencio, lo emperador Costantino I transferiu o persoal á ceca de Arelate (o actual Arles).Hendy, M. H. (2008). Páxina 381."Ostia: port of ancient Rome". Forum Ancient Coins.

A ceca de Ostia estaba moi próxima á cidade de Roma, aínda que as cecas destas dúas cidades servían a dúas provincias diferentes. En tanto que a ceca de Roma servía a Península, baixo a xurisdición do rationalis summarum urbis Romae, a de Ostia estaba encargada de abastecer as Tres Provinciae (Sicilia, Sardeña e Córsega), baixo a xurisdición do rationalis trium provinciarum, e probablemente tamén a provincia de África.

Marcas de ceca miniatura|161x161px|Moeda da terceira officina da ceca de Ostia, con marca de ceca MOSTT Nas moedas de Ostia, como na maior parte das moedas romanas desta época, as marcas de ceca alóxase no exergo do reverso e, neste caso, están formadas por tres elementos:"Ostian Mintmarks". En Taylor, E. The Maxentian Mint at Ostia.

A letra M (moneta) ou a letra P (pecunia). A abreviatura do topónimo "Ostia": OST. A officina ou obradoiro concreto, dos catro en que se dividía a ceca. Nas primeiras moedas desta ceca indicábase engadindo as letras gregas A, B, C e D (marcas: MOSTA, MOSTB, MOSTC e MOSTD). Posteriormente, estas substituíronse polas letras latinas P (primus), S (secundus), T (tertius) e Q (quartius) (marcas: MOSTA, MOSTB, MOSTC e MOSTD).

No caso de moitas das moedas de ouro cuñadas nesta ceca (áureos, sólidos e divisores), entre eles todos os cuñados antes de outubro de 312, a marca de ceca é unicamente POST, sen indicación do obradoiro concreto.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Cecas da Antiga Roma

Bibliografía

Drost, V. (2008). "Le monnayage d'or de Maxence à l'atelier d'Ostie : à propos de l'aureus au type Pax Aeterna Aug". En Revue Numismatique. 164. Páxinas 269-296. Drost, V. (2014). "L’atelier monétaire d’Ostie (308/309-313 ap. J.-C.)". En Mélanges de l'École française de Rome - Antiquité. 126-1. Hendy, M. H. (2008). Studies in the Byzantine Monetary Economy C.300-1450. Cambridge University Press. ISBN 9780521088527 Maurice, J. (1902). "L'atelier monétaire d'Ostia pendant la période Constantinenne sous les règnes de Maxence et de Constantin". En Rivista Italiana di Numismatica, 15. Páxinas 41-65. (RIC): Roman Imperial Coinage (1923-1994). 10 volumes.

Categoría:Cecas da Roma antiga Categoría:Moedas de Italia