Para outros artigos de persoas chamadas George Hill, véxase a páxina de homónimos George Hill
George Francis Hill, nado en Brahmapur, India Británica, o 22 de decembro de 1867, e finado en Londres o 18 de outubro de 1948, foi un numismático e historiador británico, bibliotecario principal e director do Museo Británico (1931-1936). Foi un destacado especialista en moeda da Antiga Grecia e en medallas renacentistas."Hill, George Francis, Sir". En Dictionary of Art Historians."Sir George Hill, Deep And Wide Learning". En The Times. 20 de outubro de 1948. Páxina 7.Myres, J. L. (1948). "Sir George Hill, K.C.B.". En Nature. Vol. 162. Nº 4.123. Páxinas 725-726.
Traxectoria
Infancia e formación O seu avó paterno, Micaiah Hill, fora o fundador en Londres da London Missionary Society, unha institución de misioneiros da igrexa congregacional, e o seu pai, Samuel John Hill, establecérase en Brahmapur, onde naceu George Francis Hill.
Formouse xa desde rapaz en Inglaterra; primeiro no Blackheath College, ao sueste de Londres, e posteriormente no University College, da Universidade de Londres, e finalmente no Merton College, da Universidade de Oxford, onde foi alumno do numismático e arqueólogo clásico Percy Gardner (1846-1937) e acadou a súa graduación en estudos clásicos.Levens, R. G. C., ed. (1964). Merton College Register 1900-1964. Basil Blackwell. Oxford. Páxina 213.
Carreira En 1893 ingresou no Museo Británico, onde se adscribiu ao seu Departamento de Moedas e Medallas, que naquel momento era un importante centro de estudo da moeda da Antiga Grecia. Alí traballou con persoeiros tan salientables como Barclay Head e Reginald Poole, e cinco anos máis tarde publicou o seu primeiro traballo sobre moeda grega.
A Hill débeselle a publicación de moitos dos catálogos das coleccións numismáticas do Museo Británico. En 1912 pasou a ser o conservador do Departamento de Moedas e Medallas e en 1931 foi nomeado director e bibliotecario principal do Museo Británico. Baixo a súa dirección compróuselle á Unión Soviética o Codex Sinaiticus e, xunto co Victoria and Albert Museum, a colección de antigüidades orientais de George Eumorfopoulos.
Hill foi tamén editor do Journal of Hellenic Studies, da Sociedade de Promoción dos Estudos Helénicos, desde 1898 ata 1912. He was knighted in 1933.
Vida persoal En 1897 casou con Mary Paul (finada en 1924). Hill xubilouse en 1936 e faleceu en Londres en 1948.
Recoñecementos
1915: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society. 1923: Medalla Huntington, da American Numismatic Society."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. 1933: Cabaleiro da Orde do Baño. 1934: Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN). 1948: Serena Medal, da Academia Británica."Serena Medal". The British Academy.
Escolma de publicacións Estas son as monografías máis salientables publicadas por George Francis Hill:"Hill, George Francis 1867-1948 ". Digital Library Numis.
(1897): Catalogue of the Greek Coins of Lycia, Pamphylia, and Pisidia. British Museum. Londres. (1899): A Handbook of Greek and Roman Coins. Macmillan. Nova York. (1900): Catalogue of the Greek Coins of Lycaonia, Isauria, and Cilicia. British Museum. Londres. (1901): A Manual of Greek Historical Inscriptions. Clarendon press. Oxford. (1904): Catalogue of the Greek Coins of Cyprus. British Museum. Londres. (1905): Pisanello. Duckworth and Co. Londres. (1906): Historical Greek Coins. Archibald Constable and Co. Londres. (1909): Historical Roman Coins: from the Earliest Times to the Reign of Augustus. Constable & Co. Londres. (1910): Catalogue of the Greek Coins of Phoenicia. British Museum. Londres. (1914): Catalogue of the Greek Coins of Palestine (Galilee, Samaria, and Judaea). British Museum/Longmans. Londres. (1915): Italian Medals of the Renaissance in the British Museum. 2 vols. British Museum. Londres. (1917): The Conmemorative Medal in the Service of Germany. Longmans. (1924): A Guide to the Exhibition of Historical Medals in the British Museum. British Museum. Londres. (1930): A Corpus of Italian Medals of the Renaissance Before Cellini. 2 vols. British Museum. Londres. (1940): A History of Cyprus. Cambridge University Press. Cambridge. (1960): Renaissance Medals. Volume 1 of Samuel H. Kress Collection of Renaissance Bronzes. Paul A. Stroock. Nova York.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico Museo Británico
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en Bengala Occidental Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Membros da Academia Británica Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Directores de museos Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Bibliotecarios Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Personalidades sen imaxes