Basehead, tamén coñecida como dc Basehead e Basehead 2.0, é unha banda estadounidense de rock alternativo formada por Michael Ivey en 1992. Ivey é o compositor e líder do grupo, engargándose das voces e de varios instrumentos. O seu álbum de estrea de 1992, Play with Toys, gravouse na casa de Ivey con varios músicos de estudio. Ivey formou unha banda de xira para os directos e esa banda realizou o segundo disco, Not in Kansas Anymore. No presente o grupo está formado por Ivey, o batería Aaron Burroughs e o baixista Brendan Ciotta.
Basehead foi loubada polo seu son distinivo e as súas letras. A música do grupo incorpora elementos de varios xéneros, como blues, funk, hip hop e rock. As letras de Play with Toys e Not in Kansas Anymore céntranse en temas como o uso de alcol e cánnabis, depresión, filosofía, política e relacións. Co lanzamento en 1996 de Faith, as letras comezaron a centrarse en temas cristiáns.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloPlay with Toys1992Imago RecordsNot in Kansas Anymore1993Imago RecordsFaith1996Imago RecordsIn the Name of Jesus1998Union of Vineyard Workersdc Basehead2002Union of Vineyard WorkersRockalyptic Music2007Union of Vineyard Workers
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Washington, D.C. Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de hip hop alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1992