José Augusto Baptista Lopes e Seabra, nado en San João da Pesqueira, Vilarouco, o 24 de febreiro de 1937 e finado en París o 27 de maio de 2004, foi un poeta, ensaísta, profesor, diplomático e político portugués.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa, en 1961. Preso p orprimeira vez aos 17 anos, foi torturado, xulgado e preso no Forte de Peniche, combateu o Salazarismo e exilouse en Francia, de onde saíu despois da Revolución de 25 de Abril de 1974, sendo un destacado militante do PSD. Iniciado masón, pertenceu á Loja União, do Porto, do Grande Oriente Lusitano. En París foi funcionario da UNESCO e desenvolveu estudos de Literatura, na École Practique des Hautes Études. Baixo a orientación de Roland Barthes doutorouse na Universidade de París III, presentando a tese Fernando Pessoa: do poemodrama ao poetodrama, despois publicada en Portugal e no Brasil.

Foi profesor na Universidade de Vincennes. De 1974 a 1985 foi profesor da Facultade de Letras da Universidade do Porto. Fundou o Centro de Estudos sobre Pessoa e a revista Nova Renascença.

Deputado á Asemblea constituínte e á Asemblea da República, polo Partido Social Demócrata, viría a ocupar o cargo de Ministro da Educación no IX Goberno Constitucional, do chamado Bloque Central (1983-1985)

A partir de 1985 foi embaixador na UNESCO e, despois diso, diplomático nas Embaixadas de Portugal en Nova Deli, en Bucareste e Buenos Aires.AA. VV. Quatro décadas de educação : 1962>2005. Lisboa : Secretaria Geral do Ministério da Educação, 2008. pp. 199-204.

O seu nome encóntrase na lista de colaboradores da publicación académica Quadrante (1958-1962).

O 23 de decembro de 1992, foi agraciado co grao de Grã-Cruz da Orde do Mérito.

Funcións gobernamentais exercidas

IX Goberno Constitucional Ministro da Educación

Obras

Poesía

A Vida Toda (1961). Ed. do autor. Os Sinais e a Origem (1972). Portugália Editora. Tempo Táctil (1972). Portugália Editora. Desmemória (1977). Brasília Editora. O Anjo (1980). Ed. Nova Renascença. Gramática Grega (1985). Ed. Nova Renascença. Do Nome de Deus (1990). Instituto Internacional de Macau. Fragmentos do Delírio (1990). Ed. Signum. Epígrafes (1991). Ed. Angel Caffarena. Málaga. Enlace (1993). Con Norma Tasca. Fundação Eng. António de Almeida. Sombras de Nada (1996). Quetzal Editores. Amar a Sul (Porto Alegre 1997). Ed. Movimento. O Caminho Íntimo para a Índia (1999). Lello e Instituto Cultural de Macau. Conspiração da Neve (1999). Ed. Minerva. A Luz de Creta (2000). Cosmos. Oximoros (2001). Granito Editores. Sete Tangos Mentais (2002). Tâmega.

Ensaio

Fernando Pessoa ou o poetodrama (1974). 1.ª ed. S. Paulo 1974; 3.ª ed.. revisada Lisboa, 1988. Poiética de Barthes (1980). Brasília Editora O Heterodoxo pessoano (1985). Ed. Perspectiva. Poligrafais Poéticas (1984). Lello Editores. Mensagem e Poemas Esotéricos de Fernando Pessoa (1983). col. “Archivos”, Madrid. Edición crítica. Cultura e Política ou a Cidade e os Labirintos (1986). Vega. O Ideário Político de Francisco Sá Carneiro (1990). Diversos. O Coração do Texto / Le Coeur du Texte (1996). Cosmos. Tradución de Poemas de Mallarmé lidos por Fernando Persoa (1998) Rostos Europeus do Porto (2001). Fólio Edições. Por Uma Nova Renascença (2006). INCM – Imprensa Nacional Casa da Moeda

Autobiográfica

De Exílio em Exílio, vol. I : Resistências e Errâncias (1953-1963) (2004). Fólio Edicións.

Notas

Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Alumnos da Universidade de Lisboa Categoría:Finados en 2004 Categoría:Nados en 1937 Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa