Xertrude de Merania, nada en 1185 e finada o 28 de setembro de 1213, foi raíña de Hungría, como a primeira muller de André II, dende 1205 até que o seu asasinato. Foi rexente durante a ausencia do seu marido.

Traxectoria miniatura|esquerda|Bertoldo IV de Andechs e a súa muller Inés co seus fillos. Era a filla do conde de Baviera Bertoldo IV de Andechs, quen fora elevado ó título de duque de Merania polo emperador Frederico Barbarroxa, e da súa muller Inés, da Casa de Wettin saxoa. A irmá máis vella de Xertrude foi Inés de Merania, famosa pola súa beleza, quen casou co rei Filipe II de Francia. A súa irmá máis nova foi Santa Eduvixe de Silesia, muller do duque piasta Henrique I o Barbudo, posteriormente alto duque de Polonia. O seu irmán foi Otón, quen sucedeu a seu pai como duque de Merania.

Notas

Categoría:Nados en 1185 Categoría:Finados en 1213 Categoría:Casa de Árpád