Sinosauropteryx (que quere dicir "reptiliano alado chinés"; en chinés simplificado: 中华龙鸟; en chinés tradicional: 中華龍鳥; pinyin: Zhōnghuá lóng niǎo, que quere dicir literalmente paxaro dragón chinés) é un dinosauro compsognátido. Descrito en 1996, foi o primeiro taxon de dinosauro fóra de Avialae (paxaros e os seus parentes inmediatos) ó ser atopado con evidencia de plumas. Apareceu cuberto cunha capa de filamentos simples semellantes a plumas. Tamén se observaron estruturas que indican coloración que foron preservadas nalgunhas das plumas, o que converteu a Sinosauropteryx no primeiro dinosauro non Avialea cuxa coloración foi determinada. A coloración inclúe unha cola con bandas vermellas e claras. Xurdiu certa controversia cunha interpretación alternativa da impresión filamentosa como restos de fibras de coláxeno, mais esta teoría non foi amplamente aceptada.

Véxase tamén Ligazóns externas Sinosauropteryx prima en The Theropod Database

Categoría:Dinosauros Categoría:Fósiles descritos en 1996