Raman Aliaksandravič Galoŭčenka (en , en ) nado en Žodzina, Rexión de Minsk, RSS de Belarús, Unión Soviética, o 10 de agosto de 1973, é un político beloruso que exerce como primeiro ministro de Belarús dende o 4 de xuño de 2020.
Foi nomeado polo presidente Aliaksandr Lukašenka dous meses antes das eleccións presidenciais. Antes do seu nomeamento, ocupou o cargo de Ministro da Autoridade do Estado para a Industria Militar.
Traxectoria Graduouse do Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova en 1996. Tamén se graduou da Academia de Dirección Adxunta ao Presidente da República de Belarús en 2003. En 2009, foi nomeadoprimeiro viceministro de Estado. En 2013 foi nomeado embaixador nos Emiratos Árabes Unidos. En 2018 foi nomeado embaixador en Catar, Kuwait e Arabia Saudita. De 2018 a 2020 ocupo o cargo de Ministro da Autoridade do Estado para a Industria Militar.
En xuño de 2020, dous meses antes das eleccións presidenciais, foi nomeado polo presidente Aliaksandr Lukašenka como novo primeiro ministro do país, sucedendo a Sergei Rumas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de primeiros ministros de Belarús
Categoría:Alumnos do Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova Categoría:Primeiros ministros de Belarús Categoría:Nados en Žodzina Categoría:Nados en 1973