miniatura|As estrelas de mar rexeneran os seus membros. miniatura|Especie de lagarto rexenerando o rabo. En bioloxía, a rexeneración é o proceso de renovación, restauración, e crecemento que fai aos xenomas, células, organismos, e ecosistemas resilientes a acontecementos ou flutuacións naturais que causan perturbación ou dano. Tódalas especies teñen capacidade de rexeneración, dende as bacterias até os humanos. A rexeneración pode ser ora completa onde o novo tecido é o mesmo que o tecido perdido, ora incompleta onde despois do tecido necrótico vén a fibrose. No seu nivel máis elemental, a rexeneración está mediada por procesos moleculares de regulación xénica. Porén, a rexeneración en bioloxía adoita facer referencia a procesos morfoxénicos que caracterizan os trazos de plasticidade fenotípica que permiten aos organismos multicelulares reparar e manter a integridade dos seus estados fisiolóxicos e morfolóxicos. Por enriba do nivel xenético, a rexeneración está fundamentalmente regulada por procesos celulares asexuais. A rexeneración é diferente da reprodución. Por examplo, o xénero hydra realiza a rexeneración mais reprodúcese polo método da xemación.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Senescencia Categoría:Bioloxía do desenvolvemento