O Rally San Froilán de 1990 foi a 12ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse entre o 6 e o 7 de outubro de 1990 e o vencedor foi Germán Castrillón, a bordo dun Ford Sierra Cosworth.
Foi a terceira aparición de Castrillón co Ford Sierra e a terceira vitoria, colocándose líder do campionato galego tras este triunfo. Ademais foi a súa primeira vitoria no rally lucense, que gañou logo noutras cinco ocasións.
Itinerario Constou de 477,6 quilómetros (contando os enlaces) divididos en dúas etapas e 15 treitos cronometrados. A saída realizouse o sábado 6 na Avenida Ramón Ferreiro de Lugo, dándose ese día tres pasadas aos treitos de Lúa - O Pontigo (12 km), Seixosmil - O Chao (18,5 km) e Meira (8,7 km). O itinerario do domingo consistiu en dúas pasadas polos treitos de Goián (10,4 km), San Mamede - Bagude (7,3 km) e Recelle (6,3 km).
Resumo Coa ausencia dun dos favoritos, o vasco Fernando Brizuela, que aínda que estaba inscrito non se presentou, Germán Castrillón dominou con facilidade o rally co seu Ford Sierra Cosworth e xa tras a primeira sección avantaxaba comodamente ao segundo clasificado, o vigués Urbano Villanueva. Este corría cun BMW M3 que pertencera anteriormente a "Culebra" e ao campión de España Pep Bassas e mantivo a segunda praza ata o final. Os seguintes postos estiveron máis disputados cunha pelexa entre Arturo Rial, Peitos e Carlos. Carlos perdeu varios postos na parte final do rally por unha mala elección de pneumáticos, mentres que Rial marcou o mellor tempo en catro dos seis treitos do domingo, logrando finalmente a terceira praza. Peitos rematou cuarto, a 16 segundos de Rial, e primeiro da Citroën Challenge. En quinto lugar e primeiro da Copa Renault chegou Lino Otero co seu Renault 5 GT Turbo.
Manuel Senra, co seu Peugeot 205 GTI, foi un dos que máis rápido pero sufriu dúas picadas de roda o sábado, mentres que o domingo perdeu cinco minutos por un problema co regulador da bomba da gasolina, polo que finalmente só puido ser undécimo, un posto por riba dos irmáns Sergio e Diego Vallejo, que tamén perdeu cinco minutos por unha roda picada no treito Seixosmil - O Chao de Pousadoiro.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículo1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth2 Urbano Villanueva José AlonsoBMW M33 Arturo Rial Mario PazosCitroën AX Sport4 PeitosCitroën AX Sport5 Lino OteroRenault 5 GT Turbo6 Carlos Heriberto RodríguezMercedes-Benz 190E 2.3 16v7 José M. López ParadaRenault 5 GT Turbo11 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTI12 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 205 GTIAbandonos- Antonio GarridoFord Sierra Cosworth- Javier PazCitroën AX Sport- Antonio TrellesRenault 5 GT Turbo
Notas
Categoría:Rally San Froilán Categoría:Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally