250px|miniatura|Inscrición tartesa atopada en Fonte Velha, onde se fai referencia ó pobo nerio. Os nerios (en ) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que vivía no norte da actual Galicia, na rexión da Costa da Morte. A súa capital era a cidade de "Dugium", identificada coas actuais parroquias de Duio e San Martiño de Duio. Segundo Luís Monteagudo era unha das tres subtribos dos ártabros, xunto cos brigantinos e os lapatiancos.
Os celtas nerios (Celtici Nerii) son mencionados por primeira vez na lápida da tumba dun nobre nerio chamado Tássionos ou Taśiioono, nunha inscrición tartesa da Idade de Bronce descuberta en Fonte Velha, na freguesía de Bensafrim, no concello de Lagos (Portugal). Esta é primeira referencia documentada dun nobre galaico que se coñece. A inscrición contén tamén a máis antiga cita a Galicia (Galtia). Ademais, cita aos deuses lugos ou lugoues como divindades tutelares dos nerios.
Etimoloxía É posible que o nome dos nerios proveña da raíz celta *nero-, que quere dicir “forza, grandeza”.Curchin (2008) p. 112; Luján (2006) p.724. Esta palabra atópase tamén no galés antigo *nar, é dicir "xefe", que hoxe é *nêr, "señor", en galés moderno.
O topónimo da comarca da Terra de Soneira, que aparece recollido en textos medievais como Somnaria, Sonaria ou Subnaria, podería derivar dos nerios. Existen dúas teorías sobre a etimoloxía do topónimo. O estudoso Fernando Cabeza Quiles faino derivar de Seminaria, que se le nun documento do século IX. Outros autores inclínanse pola expresión Sub Neria, é dicir a parte baixa da comarca poboada polos nerios, que daquela estaba habitada polos seus veciños supertamarcos.
Historia Segundo a Naturalis historia de Plinio o Vello, antes da romanización de Galicia a zona de Fisterra estaba poboada pola tribo galaica dos nerios, que despois quedaron integrados no conventus lucensis. Esta denominación foi seguida por Tolomeo e Estrabón.
Pomponio Mela foi outro dos autores que no século I describiu a tribo dos nerios no seu De Chorographia:
Segundo Estrabón, esta tribo vivía nas proximidades de Nerium, chamado Promontorium Celticum (identificado co cabo Fisterra), e situou a súa orixe como parentes dos celtas do Anas, ou o Guadiana. Segundo el, unha póla destes celtas do sur foi a que se desprazou cara ao norte ocupando partes de Lusitania e Gallaecia. Daquela, segundo Estrabón os nerios eran descendentes de tribos celtas provenientes da rexión sur de Celtiberia.
Restos arqueolóxicos miniatura|250px|esquerda|Castro de Castromiñán ou Torre do Castelo, en Fisterra. En 1914, na zona das parroquias de Duio atopáronse machadas de sílex, pontóns (nas Escaselas), puntas de lanzas de cobre biseladas (a pouca profundidade preto da praia da Langosteira), anacos de cerámica e de tellas de tipo romana (zona Rucheira) e en Denle algunhas moedas e medallas. Nunha destas líanse as inscricións "nerenh" ou "nerimen". Os restos atopados suxiren un importante asentamento lacustre que máis tarde sería romanizado.
Na aldea de Duio só se catalogou un castro, o castro das Croas, así como a fortaleza de Castromiñán.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas Topónimos célticos en Galicia Bibliografía Curchin, Leonard A. (2008) Estudios GallegosThe toponyms of the Roman Galicia: New Study. Cuadernos de Estudios Gallegos LV (121): 109-136.
Categoría:Galaicos Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia