Rabia Salihu Sa'id, o seu apelido tamén se escríbe Saeed, nada en Wangara (Nixeria) o 21 de abril de 1963, é unha física, profesora na Universidade de Bayero Kano. Realiza investigacións en física atmosférica e espacial. Sa'ide é mentora das científicas mozas na Fundación Visiola e en Corpo de Paz e foi cofundadora da Asociación de Mulleres Físicas de Nixeria.

Traxectoria Rabia Sa'id naceu nunha aldea do estado de Kano, no norte de Nixeria, onde as nenas teñen poucas oportunidades educativas, moitas casan na adolescencia e espérase que as mulleres queden na casa. Pero o seu pai, un oficial do exército nixeriano, quería que se convertera en médico.

Said casou aos 18 anos, unha vez que se graduou na escola secundaria. O nacemento do seu primeiro fillo, con problemas médicos, fixo que deixara de lado a súa intención de acadar un título universitario. Aos 29 anos comezou a súa educación universitaria e dirixiu unha escola infantil para pagar a súa educación. Licenciouse en Ciencias, e é doutora en física pola Universidade de Bayero Kano. En setembro de 1999, comezou a traballar como axudante de posgrao na Universidade de Bayero. En 2002, no Programa Internacional de Bolsas da Fundación Ford (IFP), estudou un máster en Medio Ambiente e Desenvolvemento na Universidade de Reading no Reino Unido.

Comezou a traballar en 1999 na Universidade Bayero, onde agora ensina cursos de graduación e posgrao en física atmosféricas e meteoroloxía espacial. En 2012 foi nomeada vicedecana da División de Asuntos Estudantes da Universidade.

Investigación Realiza investigacións en física atmosférica e espacial, física de partículas, e electrónica. A súa investigación busca resolver os desafíos ambientais de Nixeria. Para reducir o número de árbores cortadas para leña, por exemplo, realizouse un estudo sobre o uso de anacos de madeira de proxectos de carpintaría que poderían utilizarse como combustible, o que reduciría a velocidade á que os bosques do país diminúen. Tamén recompila datos atmosféricos e estuda os efectos de deforestación e aerosois de po. O seu obxectivo é fomentar unha maior dependencia en Nixeria das fontes de enerxía renovables -como a enerxía eólica, solar e hidroeléctrica- que son menos daniñas para o medio ambiente que as dos combustibles fósiles.

En 2010, traballou con C. Matzler, científico en teledetección terrestre e atmosférica, no Instituto de Física Aplicada da Universidade de Berna, Suíza, como investigadora visitante durante catro meses. En xaneiro de 2013, foi nomeada membro do Instituto Científico Africano (ASI) en Física.

Ámbito STEM Sa'id é cofundadora da Asociación de Mulleres Físicas de Nixeria en 2011, que anima ás mulleres a converterse en físicas, busca mellorar a educación física nas escolas e concede premios a mulleres novas. Tamén fomenta a mentoría en proxectos de ciencia locais e nacionais, ofrecéndose voluntariado para a Fundación Peace Peace Corps de Nixeria e a Fundación Visiola. Ela asegura que participa activamente na difusión do STEM porque hai unha presión grupal e obstáculos que as nenas, especialmente as do norte de Nixeria, teñen que superar para obter titulacións e carreiras nestes campos. Ademais, "máis nenas en ciencia significaría que as solucións que ofrece a ciencia non só se adaptan ás necesidades dun único xénero".

Recoñecementos En 2015 recibiu un dos cinco premios da Fundación Elsevier para mulleres científicas do mundo en desenvolvemento. Recibiu o premio polo seu traballo sobre os retos ambientais de Nixeria, que foi presentado o 14 de febreiro de 2015 na reunión anual da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (AAAS) en San Jose, California.

En agosto de 2015, Sa'id foi entrevistada pola xornalista da BBC Claudia Hammond para un artigo no BBC World Service, e apareceu na serie anual 100 Women da BBC, destacando os seus esforzos para promover a educación científica en Nixeria. Ao ano seguinte (2016) apareceu na revista en liña The Nigerian Academy nunha lista de distinguidas mulleres nixerianas en ciencias.

Foi unha das nove persoas homenaxeadas como "defensoras" en Nixeria en marzo de 2015 polo British Council polo seu traballo comunitario.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Mulleres na física Ligazóns externas Rabia Salihu Sa'id, Universidade de Bayero en Kano

Categoría:Personalidades de Nixeria Categoría:Nados en 1963 Categoría:Científicos de Nixeria