O Signo ou test de Durkan é un signo clínico utilizado para diagnostica-la síndrome do túnel carpiano. É unha variación do Signo de Tinel proposta por J.A. Durkan en 1991. http://www.eatonhand.com/hw/ctsslater.htm
Execución O examinador aperta cos seus polgares sobre o túnel carpiano e mantén a presión durante trinta segundos.http://www.fpnotebook.com/Ortho/Exam/CrplCmprsnTst.htm O test é positivo se aparecen parestesias ou dor na zona de distribución do nervio mediano nos primeiros trinta segundos.
Fiabilidade En estudos de fiabilidade, a sensibilidade do signo de Durkan varía entre o 87 e o 91%, mentres que a súa especificidade varía entre o 90 e o 95%, sendo así máis sensible que os signos de Tinel e Phalen.
Notas
Categoría:Signos clínicos