Eduardo Palaio, nado en Sintra (Portugal) o 10 de xaneiro de 1942, é un muralista, cartoonista, pintor e escritor portugués.

Traxectoria Nado en Sintra sentiuse do concello de Siexas por opción e adopción. Pasou a infancia en Figueira da Foz. Fixo catro anos de servizo militar obrigatorio sendo comandante de combate en Angola. Exerceu diversas profesións e moita actividade política e asociativa. Foi convidado pola ONU para traballar na OIT en Xenebra.

Eduardo Palaio iniciou a súa actividade artística polo deseño de humor, publicando traballos no «Mundo Ri», baixo a dirección de José Vilhena, e en 1966 expuxo, por primeira vez, traballos de deseño e pintura. Palaio ten traballos tamén como como muralista e cartoonista. Nos anos 1970 e 1980, publicou regularmente cartoons nun semanario e, entre 1982 e 2000, presentou nove exposicións individuais de pintura e participou en varias colectivas. É autor de nove murais no concello do Seixal.

Participou nos Salões Nacionais de Caricatura e Desenho de Humor e como convidado en 3 exposicións internacionais en Cuba (1986/93/98) e en México (1994 e 1998).

Transformou a tipografía familiar nun espazo museolóxico, en parcería coa Câmara Municipal do Seixal.

Caixa Baixa, mereceu, segundo o xurado, o Prémio Manuel da Fonseca pola súa consistencia ficcional, orixinalidade dos temas e a súa erudición, ben como pola elevada calidade literaria da narrativa. Alén diso, o autor revela un dominio da xeografía europea, que usa como territorio ficcional para as súas historias e ten unha capacidade de fabulación fóra do común.

Os Dez de Tânger céntrase nos camiños tortuosos dunha expedición feita por soldados descoñecidos, nos segredos do pobo miúdo arrebañado para a guerra. Trátase dunha historia épica de dez homes con vidas reais que partiran á aventura de novos horizontes nunha expedición ao Norte de África.

Obras

5 séculos de Tipografia PeregrinaCão de Artur Vilar (1975). Ed.Miosótis. Inspirado nas historias dun home que coñeceu en Angola, sapateiro, antigo cazador profesional, guía e dono de facenda. Pinta-o às bolinhas azuis (1980). Ed Plátano. Botas, buques e bicicletas, Comer fora, Faz sentido (1998). Ed. de autor. Comer fóra (1999). Ed. de Autor. Uma história para os meninos. Ed. Dors. Faz sentido (2000). Ed. de Autor. Caixa Baixa (2011). Edições Colibri. Os Dez de Tânger (2014). Club do Autor.

Premios

2010: VIII Prémio Nacional do Conto Manuel da Fonseca, por Caixa Baixa. 2011: Grande Prémio de Conto Camilo Castelo Branco da Associação Portuguesa de Escritores, por Caixa Baixa.

Notas

Categoría:Nados en Sintra Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1942 Categoría:Escritores en lingua portuguesa