Elisabet Casanovas i Torruella, nada en Sabadell o 15 de decembro de 1994, é unha actriz catalá.

Traxectoria É coñecida principalmente polo seu papel na serie de televisión Merlí, na que interpreta o personaxe de Tània Illa, unha adolescente de bacharelato humanístico. Presentou as badaladas de fin de ano da Televisió de Catalunya do ano 2017 co tamén actor Carlos Cuevas. Participou tamén na serie da TV3 Benvinguts a la família co papel de Paula, a moza de Fran.

Traballou en obras de teatro como La Tendresa e El fantasma de Canterville, así como no monólogo Kassandra, na que se pon na pel dunha muller refuxiada transexual que se prostitúe na Europa actual, con trasfondo na guerra de Troia.

No ano 2020 protagonizou a comedia romántica Drama, unha produción de RTVE coa colaboración de El Terrat e baixo a dirección de Ginesta Guindal.

Filmografía Series de televisión Ano Serie Canle Personaxe Notas 2014 Imberbe YouTube Violeta 2 capítulos 2015 - 2018 Merlí TV3 Tània Illa 40 capítulos 2018 - 2019 Benvinguts a la família TV3 Paula 6 capítulos 2020 Drama Playz Àfrica 6 capítulos

Programas de televisión Ano Programa Canle Notas 2015 Oh Happy Day TV3 Convidada Merlinades TV3 Entrevistada 2015 - 2016 Divendres TV3 Entrevistadora e convidada 2016 El gran dictat TV3 Concursante Playcracks 2017 TV3 Convidada 2016 - 2018 Àrtic Betevé Convidada 2017 El sopar TV3 Convidada Alguna pregunta més? TV3 Convidada Tenir o no tenir TV3 Convidada 2018 Al cotxe! TV3 Convidada Engantxats TV3 Convidada Quan arribin els marcians TV3 Convidada

Cinema 2014: It Girl (curtametraxe, escrito e dirixido por Oriol Puig), como unha amiga da protagonista representada por Bruna Cusí.It Girl (subtitulado en inglés), vídeo publicado no sitio web YouTube. 2017: Post (curtametraxe), como Irene.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados en 1994 Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña