Augadeiro ou Acuario (♒︎) é o undécimo signo astrolóxico do zodíaco, o sexto de natureza positiva e o cuarto de calidade fixa, xunto con Touro, León e Escorpión. Simboliza a revolución e o seu símbolo representa a sabedoría no ser. O signo está representado polo carrexador de auga, xa que na antiga Sumeria este era un símbolo da difusión da sabedoría (a auga); pertence xunto a Xémini e Libra ó elemento ar. O seu signo oposto é León. Acuario foi tradicionalmente gobernado polo planeta Saturno, mais dende o descubrimento do planeta Urano, este considerouse o seu rexente. Ó ser o décimo primeiro signo do zodíaco, Acuario asóciase coa 11.ª casa astrolóxica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Signos astrolóxicos occidentais