Gerald Eugene Sloan, nado o 28 de marzo de 1942 en McLeansboro, Illinois, e finado o 22 de maio de 2020 en Salt Lake City Utah, foi un xogador e adestrador estadounidense de baloncesto profesional, membro do Basketball Hall of Fame.
Sloan foi o quinto adestrador da historia da National Basketball Association (NBA) en alcanzar as 1000 vitorias, e é un dos dous adestradores na historia da NBA en conseguir 1000 vitorias cun equipo, os Utah Jazz. Ademais é o adestrador que dirixiu a un equipo durante máis tempo na historia da NBA, sendo a tempada 2009–10 a súa 22ª tempada como adestrador dos Jazz. Sloan clasificou ós Jazz para os playoffs da NBA durante 15 tempadas consecutivas, de 1989 a 2003. Malia non ser elixido nunca Adestrador do Ano, é un dos catro adestradores da historia da NBA con 15 ou máis tempadas consecutivas cun récord de vitorias positivo, xunto a Gregg Popovich, Pat Riley e Phil Jackson. Chegou ás Finais da NBA en dúas ocasións (1997 e 1998), pero perdeu ambas contra os Chicago Bulls.
O 10 de febreiro de 2011, Sloan deixou o posto de adestrador dos Jazz. O 19 de xuño de 2013, os Jazz anunciaron a volta de Sloan como axudante de scout. Utah Jazz: Jerry Sloan rejoins organization as senior adviser, The Salt Lake Tribune, 20 de xuño de 2013 O 22 de maio de 2020, Jerry Sloan faleceu tras unha longa enfermidade.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas coma xogador en Basketball-Reference.com Estatísticas coma adestrador en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1942 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Finados en 2020 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Baltimore Bullets Categoría:Xogadores dos Baltimore Bullets Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Adestradores dos Chicago Bulls Categoría:Adestradores dos Utah Jazz Categoría:Membros do Salón da Fama da NBA Categoría:Finados por párkinson