O bus I-3K é un tipo de bus para satélites fabricado na India.

Características O bus I-3K é fabricado pola axencia espacial india ISRO. Está pensado para ser usado en satélites de cerca de 3000 kg na órbita xeoestacionaria. Pode proporcionar ata 6500 W de potencia.

Usouse por primeira vez no satélite Insat 4A en 2005, para logo ser usado por algúns satélites da serie Insat e algúns GSat.

Notas

Véxase tamén Outros artigos ISRO I-1K I-2K

Categoría:Satélites artificiais