Haiyang 1 (significando Océano 1) ou HY-1, é unha serie de satélites de observación terrestre chineses.

Características Os satélites HY-1 usan o bus CAST968B, teñen unha masa duns 360 kg e están deseñados para facer observacións oceánicas e costeiras co fin de medir a concentración de clorofila, a temperatura superficial, a matería orgánica en disolución e a contaminación. Estabilízanse nos tres eixos e teñen forma de caixa, cun par de paneis solares a cada lado. Entre os instrumentos de a bordo contan cunha cámara en cor para observar o océano en dez bandas espectrais e outra cámara CCD de catro bandas. Os satélites HY-1 son lanzados mediante foguetes CZ-4B ou CZ-2C desde o Centro de Lanzamento de Taiyuan.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasHY 1A15 de maio de 2002CZ-4BÉxitoHY 1B11 de abril de 2007CZ-2CÉxitoHY 1C7 de setembro de 2018CZ-2CÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos CZ-4B CZ-2C

Categoría:Satélites artificiais