Hoří, má panenko é un filme checoslovaco de 1967 dirixido por Miloš Forman. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 41ª edición dos premios.

O filme só ten uns poucos actores profesionais e algúns dos bombeiros estaban interpretados polos bombeiros do pequeno lugar onde se rodou. Foi o último filme que Forman rodou en Checoslovaquia antes de instalarse nos Estados Unidos e tamén o primeiro que rodou en cor. Hoří, má panenko está considerado un fito da Nova Vaga Checoslovaca.

Sinopse O departamento de bombeiros voluntarios dunha pequena localidade checoslovaca decide organizar un baile cun sorteo e un concurso de beleza. Os bombeiros tamén planean regalar un machado cerimonial ao seu xefe xubilado enfermo de cancro (aínda que eles cren que el non o sabe).

Personaxes Jan Vostrčil como xefe do comité Josef Šebánek como membro do comité #2 Josef Valnoha como membro do comité František Debelka como membro do comité #1 Josef Kolb como Josef Jan Stöckl como bombeiro xefe retirado Vratislav Čermák como membro do comité Josef Řehořek como membro do comité #4 Václav Novotný como membro do comité František Reinstein como membro do comité František Paska como membro do comité Stanislav Holubec como Karel Josef Kutálek como Ludva

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Checoslovaquia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 41ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en AllMovie The Firemen's Ball an essay by J. Hoberman at the Criterion Collection

Categoría:Filmes de 1967 Categoría:Filmes en lingua checa Categoría:Filmes de Checoslovaquia Categoría:Filmes dirixidos por Miloš Forman Categoría:Filmes rodados na República Checa