Antonio de Dios Álvarez é un comerciante e político galego, alcalde do municipio de Meira polo PSdeG-PSOE.
Traxectoria Logo de traballar na factoría de Vega de Oro estivo catro anos emigrado nos Países Baixos, e ao seu regreso montou un bazar..
Estivo oito anos como concelleiro en Meira, tras ser elixido como independente polas listas do PPdG. Nas eleccións municipais de 2007 foi elixido alcalde como concelleiro de Terra Galega, co voto a favor do único concelleiro socialista na corporación meirega (Miguel Antonio García Vázquez, que foi o seu predecesor na alcaldía, estivo 10 días). Nas eleccións de 2011 encabezou a lista do PSdeG-PSOE en Meira pero perdeu o bastón de mando. Nas eleccións municipais de 2015 volveuse presentar polo PSdeG-PSOE e conseguiu ser de novo alcalde por maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019 revalidou a maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Meira
Categoría:Alcaldes de Meira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alcaldes de Galicia por Terra Galega