Michael Scott Hopkins, nado en Lebanon, Montana, o 28 de decembro de 1968, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz TMA-10M e foi membro da Expedición 38 e da Expedición 37 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Hopkins graduouse en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Illinois en 1991 e é máster na mesma disciplina pola Universidade de Stanford en 1992.

Foi seleccionado pola NASA en 2009, participando na misión Soiuz TMA-10M e sendo membro das expedicións 38 e 37 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 166,27 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TMA-10M Expedición 38 Expedición 37

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Montana