O Rally Rías Baixas de 1992 foi a 28ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse o 9 de agosto de 1992 e o vencedor foi Germán Castrillón, a bordo dun Ford Sierra RS Cosworth.

Resumo Germán Castrillón correu esta edición do rally con José Manuel López Castrillón como copiloto, en vez da habitual Estrella Castrillón, que decidiu ver o rally como espectadora, despois das queimaduras sufridas no grave accidente da edición anterior. O Ford Sierra RS Cosworth de Castrillón colocouse primeiro xa nos primeiros treitos, pero con pouca diferenza sobre o Peugeot 309 GTI de Manolo Senra. Con todo, o que parecía un novo duelo entre os dous pilotos rematou antes de tempo, pois no primeiro treito da segunda sección, en Camos, Senra sufriu unha saída de pista e non puido continuar a carreira. Deste xeito Castrillón levantou o pé do acelerador nos treitos finais e logrou unha cómoda vitoria con máis de dous minutos de vantaxe sobre Javier Piñeiro, segundo, e Javier Paz, terceiro.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Germán Castrillón José Manuel López CastrillónFord Sierra RS Cosworth1h19:452 Javier Piñeiro Carlos CascallarLancia Delta Integrale 16V1h21:533 Javier Paz Manuel GarcíaCitroën AX Sport1h22:414 Marc Etchebers Humberto GonzálezFord Sierra Cosworth1h23:275 José María Banga Modesto GonzálezCitroën AX Sport1h24:016 Jesús Campos Faustino SuárezRenault Clio1h24:45

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Rally Rías Baixas 1992 en ewrc.com .

Categoría:Rally Rías Baixas Categoría:Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally