O Rally da Coruña de 1992 foi a 10ª ediciónEn 1980 xa se disputara a 10ª edición, e en 1990 disputouse a 18ª edición, pero por cuestións de dereitos sobre o uso do nome Rally da Coruña en 1991 reformulouse a numeración do mesmo. de dito rally. Foi a sexta proba da tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally e foi puntuable tamén para a Copa de España. Celebrouse o 5 de setembro de 1992 e o vencedor foi o cabanés Germán Castrillón.
Resumo Dos 74 pilotos que tomaron a saída na praza de María Pita, 42 conseguiron completar o rally. O peruano Ramón Ferreyros colocouse líder no primeiro treito e foi o máis rápido en catro dos seis primeiros tramos, ata que rompeu o motor na segunda pasada por Aranga. O noiés Arturo Rial púxose entón en cabeza e mantívose así ata o primeiro paso por Soandres, na sección nocturna, onde tivo que abandonar ao romper un palier do seu Citroën AX Sport. A súa praza foi ocupada temporalmente polo ponferradino Antonio Garrido, cunha escaso marxe sobre Germán Castrillón. Os dous pilotos repartíronse os restantes treitos (Meirama, Xalo e Soandres) e chegaron ao decisivo treito final con Castrillón liderando por só catro segundos. Os 10,2 km da terceira pasada por Soandres decidiron a carreira a favor de Castrillón, que marcou o mellor tempo e rematou o rally con 13 segundos sobre Aguirre. O coruñés Roberto Blach, cun Peugeot 309 GTI, subiu ao terceiro caixón do podio.
Igual que Rial, Manolo Senra viuse obrigado a abandonar pola rotura dun palier, no segundo paso polo treito de Doroña, aínda que xa na primeira pasada tivera unha saída de pista que o apartara dos primeiros postos. Tamén en Doroña tiveron que abandonar Ricardo Vidal e Miguel Dopico.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículo1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth2 Antonio Garrido Juan ÁlvarezFord Sierra Cosworth3 Roberto Blach Juan GómezPeugeot 309 GTI 8v4 Javier Piñeiro Carlos CascallarLancia Delta Integrale5 Luis Alberto González Fernando GonzálezRenault Clio 16v6 Marc Etchebers Humberto GonzálezFord Sierra Cosworth7 Gonzalo Arche Ana ArcheRenault Clio 16v8 Javier Azcona S. AzconaRenault Clio 16v9José CalvoLuis ValleOpel Corsa GSI10 Javier Paz Manuel GarcíaCitroën AX Sport11 Miguel Fuster Ángel CandelaRenault Clio 16vAbandonos- Ramón Ferreyros Raffaele YnzengaFord Sierra Cosworth- Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën AX Sport- Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16v- Miguel Dopico- Ricardo Vidal
Notas
Categoría:Rally da Coruña Categoría:Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally