Terence Thomas "Tom" Henricks, nado en Bryan, Ohio, o 5 de xullo de 1952, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-44, STS-55, STS-70 e STS-78.
Traxectoria Henricks graduouse en enxeñería civil pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos en 1974 e é máster en administración pública pola Universidade Golden Gate en 1982.
Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1985. Participou nas misións STS-44, STS-55, STS-70 e STS-78, pasando un total de 42,78 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-44 STS-55 STS-70 STS-78
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Ohio